Portos de Galicia prevé que as obras de reparación do pavimento do vial paralelo ao Paseo da Calzada en Cambados estean rematadas a finais de semana.
O Presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, supervisou esta mañá os traballos, acompañado polo concelleiro de Obras de Cambados, José Ramón Abal, e o deputado provincial Luis Aragunde.
Segundo o presidente portuario, a previsión é que o asfaltado do pavimento finalice o venres para realizar xa en días posteriores o pintado da sinalización horizontal.
As novas sinais incorporarán unha praza de aparcamento para minusválidos e, previsiblemente, un paso de peóns a maiores dos existentes.
Así o explicaba José Juan Durán trala supervisión das obras, nunhas declaracións que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.