Carril celebra o 14 de agosto a XXIV edición da Festa da Ameixa con 3.000kg de producto.
A pesar da escaseza do bivalvo nos últimas edicións, nesta ocasión, dende a organización garanten que haberá suficiente Ameixa para atender a todos os comensais que se acheguen a Carril.
Como todos os anos, non faltará o concurso de receitas, no que se premiará con 1.000 ao gañador, 500 euros ao segundo e 250 euros ao terceiro premio.
Ademáis, tamén haberá a entrega das distincións da Orde da Ameixa de Carril, que este ano recalará o cabaleiro en Francisco López Franco e o de Doña en Marisol Bueno.
Como novidade nesta edición, a Festa da Ameixa coincidirá cos tradicionais fogos de San Roque de Carril, pero unha vez máis non estará invitada a Conselleira do Mar, Rosa Quintana.
Son datos que revelaban está mañá o patrón maior de Carril, José Luis Villanueva, a secretaria do colectivo organizador, Ana Rivas, xunto co alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, nunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA