Cambados abriu á 1 desta tarde a vixeximo quinta edición da Festa da Vieira.
A carpa gastronómica está instalada no Paseo da Calzada, onde, como cada ano, se poderá degustar o molusco a un prezo de 8 euros a ración.
Desta volta, o chef encargado da elaboración dos platos é o lalinense Diego López que propuxo tres recetas diferentes: vieira marinada cun toque de chile e cítricos, asada con bechamel e pan de millo e un falso risotto de patata e polbo.
Ademáis, a Festa da Vieira chega este ano cos showcookings dos famosos cociñeiros Pepe Solla e Kike Piñeiro, que prepararán en directo os platos que se poden degustar ata o domingo en Cambados.
A maiores, 17 establecementos da hostelería de Cambados ofrecen de balde durante a xornada inaugural unha tapa de vieira aos seus clientes.
O concello quixo este ano implicar á hostelería para que puidesen recibir gratuitamente o molusco e servilo sen custe algún como entrante ou tapa.
De todo elo puidemos falar en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA co patron maior da confraría de Cambados, Ruperto Costa, a alcaldesa Fátima Abal e o secretario xeral da Consellería do Mar, Juan Maneiro, presentes na inauguración da Festa.
Con eles estivo a nosa compañeira Alba Piñeiro.