O convenio colectivo do sector da conserva non implicará o incremento da xornada laboral, nin flexibilidade horaria e tampouco se pagará en especies.
Son os termos do preacordo asinado polos sindicatos CIG e UXT, tras ano e medio de negociacións, que establece tamén o incremento dos salarios, dende un 1'3% neste ano, ata o 1.5% en el 2020. Deste xeito, en función da antigüidade, a subida salarial podería ser de ata o 10%.
Ademáis, o novo convenio inclue un plus persoal para as traballadoras con antigüidade consolidada, xunto con outro de dous trienios. No caso de non ter anos consolidados, as operarias recibirán 750 euros por 20 anos traballados, que se incrementarán ou reducirán en función do tempo cotizado.
O documento tamén contemla axudas por minusvalía de 100 euros ao mes por discapacidade superior ao 65%.
En canto ao dereito ás vacacións, serán de 21 días laborais, dúas xornadas máis que ata o de agora.
A sinatura definitiva do convenio celebrará o 19 de setembro en Madrid.
Segundo o sindicato CIG. este preacuerdo “non é o ideal pero é aceptable e equitativo para todo o sector”, ainda que a central nacionalista segue demandando un convenio colectivo de ámbito galego, xa que o 80% das traballadoras pertencen a Galicia.
Así o valoraba a representante sindical, Rosa Abuín, na presentación do preacordo que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.