Vilagarcía celebra a Semana do Cine do 31 de xullo ao 5 de agosto, como inicio da programación cultura e festiva de agosto.
Ademáis, nesta nova edición, o Cine Clube Ádega, organizadores da actividade, conmemora o seu 40 aniversario, con cine, pero tamén con musica e espectáculo.
A primeira das proxecións será o domingo 31 de xullo ás 21:30 horas, na Rúa Romero Ortiz, e a película escollida é “El Desconocido”. Ademáis contaráse coa presenza do director de cine Jorge Coira para falar da súa experiencia, e tamén haberá a actuación musical de Gonzalo Arca, que tocará dous temas da banda sonora do filme.
O luns día 1 de agosto comezan as sesións no Salón García, serán catro días nos que se proxectarán os filmes "Todos vos sodes capitáns", "La Venus de las pieles", "El abrazo de la Serpiente" e "Yo, el y Raquel".
As sesións comenzarán ás 21:45 horas e os prezos son de 4 euros por sesión para o público xeral e de 2 euros para socios, con posibilidad de mercar o abono para as 4 sesións, que será de 12 euros para o público e de 6 euros para os socios.
Para rematar a Semana do Cine o venres 5 de agosto ás 20:30 horas, no parque de Ravella, montaráse unha festa de despedida coa proxección do filme “Cabaret” de Bob Fosse e a actuación en directo do espectáculo de Cabaret por parte da compañía de Nelson Quinteiro.
As dúas sesións ao aire libre serán gratuitas e abertas a todo o público.
Ademáis, antes dos filmes tamén se proxectarán curtametraxes.
Son datos que nos contaban está maña, a concelleira de Cultura, Sonia Outón, acompañada polos representes do Cine Clube Ádega, Fernando López e Xabier Marqués, nunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.