O concello de Cambados amosase satisfeito polo resultado da Festa do Albariño, a pesar, según o goberno local, do boitcot que sentiu por parte das administracións gobernadas polo Partido Popular.
Segundo o concelleiro de cultura, Víctor Caamaño, “Non houbo día no que non houbera problemas”.
Incidencias todas elas de tipo administrativo como as pegas de Industria pola iluminación festiva, o retraso de Mobilidade nas licencias dos taxis, a negativa do 061 a conceder unha ambulacia de reforzo e un medico máis de garda, a prohibición de Costas para o uso da Torre de San Sadurniño para concertos, e as dubidas de última hora da Subdelegación do Goberno en canto o plan de seguridade.
Sinalan dende o concello que mesmo correron perigo os fogos artificiais, porque presentaron un informe na que a fotografía do lugar de lanzamento ocupaba medio folio en lugar dun folio enteiro.
O cuatripartito ve, nestas trabas, unha clara intencionalidade política, porque os trámites fixeronse como de costume e nunca houbo problemas.
Pero a pesar de todo, o balance do Albariño é positivo e o goberno local amosase moi satisfeito polo resultado da festa.
Destacan a asistencia de público ás actuacións, que este ano repartíronse por diferentes puntos da vila, o bo comportamento dos visitantes, que evitou que houbese incidencias graves, e tamén o dispositivo de tráfico, ao reducir os atascos.
En cifras, os datos avalan os bos resultados, xa que se venderon un total de 32.000 cataviños, 95.000 botellas de albariño, e o túnel do viño rexistrou a visita de 600 participantes.
Ao Xantar acudiron 594 comensais, 329 deles convidados polo Concello, 51 menos que en 2015 e 155 menos que na última festa co Partido Popular.
Tamén se recolleron 109 toneladas de lixo, 40 entre o mércores e o xoves; 30 na noite do venres e 39 entro o sábado e o domingo.
Son datos que daban en rolda de prensa, o concelleiro de cultura, Víctor Caamaño e o concelleiro de promoción económica, Xurxo Charlín, e que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA