20 alumnos en condicións de desemprego formaranse durante seis meses a partir de setembro no II Obradoiro de Emprego orientado á agricultura ecolóxica e á promoción do turismo, que se desenvolverá no Pazo de Vista Real de Vilanova.
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, presentou esta mañá o novo programa de formación ocupacional que dará continuidade ao rematado no mes de marzo e que xa conseguiu a inserción laboral dalgúns dos participantes, así como tamén a venda na comarca de productos ecolóxicos.
De feito, no eido da agricultura ecolóxica, varios dos alumnos están xa a traballar en dúas empresas de Pontevedra e Vilanova, e hai unha terceira interesada neste persoal especializado.
Nesta II edición, serán 20 os alumnos que durante os seis meses a partir de setembro recibirán a formación en ambos ámbitos, agricultura ecolóxica e turismo, recibindo o salario mínimo interprofesional. de 630 euros.
Para poñer en marcha este novo obradoiro, a xunta inviste 180.000 euros, e o concello sobre 20.000 euros.
Así o explicaban esta mañá o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, o delegado territorial, Cores Tourís, e o concelleiro Javier Tourís na presentación do obradoiro que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.