A delegación da cidade alemana de Cuxhaven volve a visitar estes días a comarca de O Salnés con motivo do seu irmanamento co concello de Vilanova.
O alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, exerce de anfitrión, amosando o patrimonio e as infraestructuras coas que conta O Salnés a unha delegación na que se encontra o secretario de Transportes, Enak Felermann, e o alcalde de Cuxhaven, Albretch Harten, acompañados polos seus conselleiros.
A delegación está composta por politicos de diferentes partidos e ideais de Alemaña que traballan unidos polo seu pobo, circunstancia que o alcalde, Gonzalo Durán, non dubidou en salientar.
As xornadas de traballo que o goberno local e a Mancomunidade do Salnés deseñaron para a visita da delegación de Cuxhaven comezan hoxe.
Para eles está preparado, entre outras cousas, un encuentro co sector turístico da comarca, que se celebrou este mediodía en Sanxenxo.
Nesta primeira xornada de traballo de hoxe, a delegación foi recibida no Concello de Vilanova polo alcalde, Gonzalo Durán, que explicaba algúns detalles da visita durante o almorzo informativo que mantiveron está mañá na casa museo de Valle Inclán.
Así o recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
A delegación viaxará mañá no tren de alta velocidade ata Santiago onde visitarán o Parlamento Galego e se reunirán co Conselleiro de Industria.