As excavacións arqueolóxicas que se están a realizar no Castro Alobre de Vilagarcía, financiadas pola Deputación e o Ministerio de Fomento, están dando maiores resultados dos que en principio se preveían.
Durante os 4 meses de traballos realizados, os arqueólogos descubriron 240 elementos de bronce pertencentes á última etapa da edade de Ferro e aos primeiros asentamentos romanos.
Tan bos foron os resultados desta fase de excavacións, que a Deputación está disposta a implicar á Xunta e á Administración do Estado para que continúen os traballos.
Todo elo soubémolo esta mañá, no mesmo recinto onde se están realizando as excavacións. A presidenta provincial, Carmela Silva, achegouse ata alí esta mañá, acompañada do alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, co que asinou un convenio que aporta ao municipio unha axuda de 150.000 euros para seguir afondando no estudio do Castro Alobre, poñendo en valor, ao tempo, o espazo castrense.
Os detalles nolos contaban en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA a presidenta provincial, Carmela Silva, e o director dos traballos arqueolóxicos, Diego Piay.