O Partido Popular de Vilagarcía reitera a sua petición de dimisión do concelleiro de deportes, Miro Serén, ao considerar que non está a altura para xestionar esta area.
O PP de Tomas Fole pide ao goberno local que se den explicacións sobre o acontecido co triatlon que tiVo que ser cancelado a pasada fin de semana e acusa ao concelleiro de deportes de non dar a cara e deixar que se dea unha mala imaxe de Vilagarcía.
Tamén consideran que o concelleiro de promoción económica, José Antonio Perez Callon ten demasiadas areas asignadas e non está facendo un bo traballo.
Tomás Fole e o seu equipo entenden que estase a dar una mala imaxe de Vilagarcía coas, en palabras do PP, "chapuzas" que tanto Miro Seren como Perez Callon estan a facer dende hai un ano, como é o caso do triatlon, o world padel tour, a gala de panorama, as ferias das tapas ou o tránsito de vehículos polas zonas peonis...
En todo caso, Tomás Fole pide aos dous concelleiros do PSOE, que deixen as suas areas en mans de outros do seu partido ou incluso de outros partidos.
A concelleira popular Elena Suárez, compareceu esta mañá en rolda de prensa xunto co portavoz do grupo municipal, Tomás Fole, para reiterar a solicitude de demisión do Concelleiro de Deportes pola mala xestión que, consideran, ven facendo dende o executivo socialista en materia deportiva.