A Biblioteca Luis Rei de Cambados ten dende hoxe un novo recoñecemento polo seu compromiso social.
O proxecto “Canto conta Cambados!” recibiu esta mañá o Premio concedido pola Fundación Biblioteca Social, de Cataluña, na segunda edición do seu certame.
O xurado valorou o traballo presentado pola biblioteca cambadesa como “Mellor proxecto” por facilitar cohesión social e cidadá, eliminando fronteiras de destinatarios, por normalizar ao usuario con discapacidade, e pola súa reivindicación lingüística.
O premio consiste en 1.200 euros en metálico para a compra de material e seguir realizando actividades, ademáis da grabación do vídeo do proxecto presentado.
Durante o acto de entrega do galardón estiveron presentes na Biblioteca Municipal tres dos membros da
Fundación catalana, e representantes dos colectivos sociais que traballaron no proxecto como o colexio de San Tomé, o Refuxio de Animais de Cambados, A Asociación Por Dereito, Guimatur ou Cruz Vermella, entre outros.
O Concelleiro de Cultura, Victor Caamaño, amosou a súa satisfacción polo galardón recibido e polo traballo realizado polos técnicos de Cultura do Concello, sen esquecerse de todos os colectivos implicados.
Foi, precisamente, a técnica do departamento, María Vázquez, a que explicaba o proxecto realizado.
Dende AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA tampouco nos perdemos a entrega.