A comarca de O Salnés contará con 5 sendas peonís e de bici de 16,7 kms que se realizarán cun investimento de 8,7 millóns de euros.
As cinco actuacións inclúense no Plan de Sendas de Galicia para a comarca de O Salnés, que esta mañá presentou en Vilanova a Conselleira de Infraestructuras Ehtel Vázquez.
Serán itinerarios seguros, sostibles e integrados na paisaxe, que decorrerán dende A Illa ata Poio, pasando por Vilanova, Cambados e Sanxenxo.
Os proxectos pretenden mellorar a seguridade vial e ao tempo fomentar o turismo da contorna.
A Xunta prevé ter redactados os proxectos en verán, para proceder á licitación das obras a medida que se vaian recibindo as propostas dos concellos.
Para elo, os técnicos contactarán cos alcaldes e concelleiros dos diferentes municipios para concretar as actuacións e avanzar nos detalles técnicos.
Dentro das 5 sendas previstas, xa está en execución a que decorre, na PO-306, entre a ponte da Illa de Arousa e Vilanova.
Ademáis, ambos municipios tamén estarán unidos por outra senda entre Deiro e A Illa.
A terceira das sendas previstas será entre Cambados e Ribadumia, enlazando Vilariño e o Polígono de O Salnés.
Asimesmo, nunha primeira fase executaranse as sendas que se crearán en Sanxenxo e en Poio, as dúas na PO-308.
A primeira entre Portonovo e A Lanzada, e a segunda entre Covelo e Raxó, que está xa adxudicada.
Son os datos que explicaba esta mañá en Vilanova, a Conselleira de Infraestructuras, Ethel Vázquez, acompañada do alcalde e presidente en funcións da Mancomunidade do Salnés, Gonzalo Durán, nunha presentación que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.