O PP de Vilagarcía non entende de qué adoece a ordenanza de terrazas de hostelería elaborada polo anterior goberno para que o executivo de Alberto Varela queira modificala.
O portavoz popular, Tomás Fole, explicou esta mañá en rolda de prensa a súa valoración negativa sobre o límite de apertura dos espazos ata a 1 da madrugada, e apuntou que, ao seu entender, o goberno quere implantar un modelo de cidade mais restrictivo e en detrimento do emprego.
Mañan cumplense 300 días de Goberno e o PP reta ao executivo sociaista a ter unha ordenanza publicada no BOP antes do 23 de abril.
Así se refería Tomás Fole á ordenanza de terrazas de hostelería elaborada polo goberno local que, segundo o portavoz popular, ninguén coñece.
Declaracións que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.
O documento establece o horario de peche ata a 1 da madrugada, podéndose ampliar ata ás 2 na fin de semana, unha fòrmula definitiva para delimitar O espacio que poden ocupar as mesas e as cadeiras de cada local e tamén unha altura máxima de en torno a 1,60 metros para determinadas estructuras exteriores.
Sen embargo, Ravella non está a favor da instalación de anclaxes permanentes, nin das cadeiras e mesas de plástico con logos publicitarios.