A Conselleira do Mar, Rosa Quintana, estivo esta mañá no Porto de Vilagarcia, nunha visita na que puido comprobar os traballos que ali se realizan e tamén coñeceu a terminal de contedores.
Tratouse da primeira visita que se realiza a esta terminal da que, Rosa Quintana, destacou a súa importancia loxisitica que supón o 25% dos traficos do porto vilagarciá.
A terminal de contedores traballa cunha liña de periodicidade semanal que cubre o traxecto Bilbao-Vilagarcía-Lisboa-Canarias, e que transporta contedores de viño, conservas, aceite, productos refrixerados e lácteos, entre outros.
Tanto, representantes da empresa concesionaria dos contedores, Boluda, como a presidenta del Porto de Vilagarcia, Sagrario Franco, sinalaron a necesidade da chegada do ferrocarril a estas instalacións portuarias, que conlevaría o aumento considerable de trafico de contedores, e suporía un aforro importante dos transportes por estrada.
Neste sentido, Sagrario Franco, confirmou que ainda non se baralla unha data para que comece a transitar o ferrocarril polo porto.
Sin embargo, a Conselleira do Mar, Rosa Quintana destaca tamen o traballo feito para habilitar a infraestructura viairia pola cal, se espera que nun futuro transiten máis contedores e que faría que Vilagarcia sexa a vía de conexión entre o centro de España e o norte de Europa sen necesidade de pasar antes por Bilbao.
Así o decían esta maña, a Conselleira do Mar, Rosa Quintana e a Presidenta do Porto de Vilagarcia, Sagrario Franco, nunha rolda de prensa que se realizou tras a visita e que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.