A loita contra o AME de Merchi Alvárez será premiada na Gala Conmemorativa do 8M que Cambados celebra o vindeiro sábado.
Ademáis, tamen será recoñecido o traballo de outras 5 cambadesas en diversas áreas.
Así, Laura Vieites recibirá o premio de "Igualdade no Agro", Maria Luisa Perez de "Igualdade no Mar", Araceli Oubiña pola " Igualdade no Deporte", Dolores Blanco de "Igualdade Empresarial" e Maria del Carmen Torres polos "Dereitos da Muller".
Durante a Gala da Muller, que comezará as 20:00 horas no Auditorio da Xuventude, tamén se nomeará a Avelina Figueroa como a " Avoa de Cambados" e premiaranse os rapaces ganadores do lema para o 8M de este ano.
Todo elo amenizado pola actuación musical de arpa e voz a cargo de Beatríz Martínez e Olalla Vidal, e coa poxección do corto "Bata por fóra, Muller por dentro" de Claudia Brenlla.
O Concello de Cambados ten preparada unha extensa programación para conmemorar este día da Muller durante todo o mes de marzo, e será mañá o inicio cun almorzo onde participarán 27 emprendedoras que contarán as súas experiencias laborales.
A lectura do manifesto será as 12 do mediodía na Praza do Concello e posteriormente inauguraráse a exposición fotográfica "Muller Traballadora" no Paseo da Calzada.
Xa pola tarde, as 20:30 horas, o auditorio da Xuventude acollerá a conferencia "Memoria dunha Bandida".
Ademáis, o mercores 9 de marzo as 18:00 proxectaráse a película infantil " Brave" e o xoves a película para adultos, "Piedras". Ambas proxeccións serán no Auditorio da Xuventude e as entradas de balde poderánse recoller na Secretaría da Alcaldía.
O vindeiro mércores 16 as 20:00 haberá unha xornada para que as mulleres busquen traballo a través de Internet e emprendan novos negocios.
E para rematar esta programación, o xoves 31 de marzo as 18:00 celebrarase o " IV Simposio Móstrate Salnés" en Exposalnés.
Os detalles do programa presentábaos esta mañá a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, nunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.