O goberno local de Cambados ten xa pechados os orzamentos municipais para este ano 2016, que ascenden a 9,4 millóns de euros, e que se levarán a aprobación do pleno do último xoves de febreiro.
O documento foi presentado esta mañá en rolda de prensa pola alcaldesa, Fátima Abal, e o concelleiro de Economía, Xurxo Charlín.
Ambos destacaron que son uns orzamentos “transparentes e austeros”, ainda que non son tan participativos como realmente lles gustaría, porque todavía non están formados os consellos veciñais.
En todo caso, o grupo de goberno avanza que con estes orzamentos se pon fin a etapa orzamentaria máis constreñida, sendo as contas que máis se incrementan dende o ano 2008.
Neste exercicio 2016, o Concello de Cambados contará tamen cunha subvención de 900.000 euros dentro do Plan de Obras e Servizos da Deputacion de Pontevedra para levar a cabo as obras da Praza de Abastos e inversións en infraestructuras, vías públicas, saneamento, instalacións deportivas e a instalación de xogos nos parques infantis.
Ademais, tamen se incrementan as partidas de servizos sociais, con 20.000 euros mais para o servizo de axuda no fogar e 15.000 euros mais para o fondo de emerxencia social.
As axudas a asociacións benéficas ascende ós 40.000 euros, as becas para estudios contan con 18.000 euros e, por primeira vez, a área de igualdade disporá de 5.000 euros para as suas actividades.
En canto a partida para actividades da terceira idade, reducese a 5.000 euros debido a que o novo goberno non fara o xantar dos maiores que a viña facendo anualmente.
Os orzamentos para festexos manteñense nos 275.000 euros do ano pasado, a pesar de que o goberno considera que é excesiva, pero non pode reducirse xa que o concello ainda ten que pagar o xantar do albariño do 2014 e outras facturas.
Considera o goberno local, que o aumento de 5.000 euros nos gastos de persoal compensanse coa eliminación do gasto en protocolo e nas horas extras das persoas de confianza ao carecer delas, e crítica o gasto que facia o anterior goberno que tiña que aboar máis de 400 horas extras anuais do seu persoal.
Durante o 2016, o Concello espera obter ingresos do IBI, que a pesar de que reduciu o tipo do 0'60% al 0'58%, contará cun incremento pola regularización de numerosas casas e garaxes que non estaban dadas de alta no catastro.
Para poder incrementar estas partidas, o Concello recurriu aos remanentes de outras asignacións onde non se gastaban todos os cartos.
En todo caso, o vindeiro luns, cuatriparito entregará ao PP toda a documentación precisa para poder aprobar no pleno do xoves estes orzamentos, que ademais, serán publicados posteriormente no BOE e na paxina web do concello como mostra de transparencia e para que os veciños poidan presentar alegacións no caso de non estar de acordo.