O CIM da Mancomunidade do Salnés, que integra aos concellos de Cambados, Ribadumia e Meis, ten preparado un amplo programa de actividades para conmemorar o 8 de Marzo, Día Internacional da Muller.
Os actos prolongaranse durante todo o mes de marzo, comezando o propio día 8, o vindeiro martes, coa celebración dunha serie de almorzos coloquios en locais de novas emprendedoras de cada un dos Concellos.
En Cambados, será as 9.30 no Velvet Coctels, en Meis na cafetería Bruxelas ás 11.30 e en Ribadumia xa foi o día 29 no Muiño da Conda.
Tras estas conversas nas que cada unha das emprendedoras contará a súa experiencia no mercado laboral, terán lugar as diferentes lecturas do manifesto institucional en cada concello: Cambados e Ribadumia ás 12 horas e en Meis ás 13.30 horas.
Paralelamente, ao longo do mes realizaranse as xornadas “O Salnés Impulsa” para promover a busca de traballo das mulleres a través de Internet.
Xa como colofón das actividades, o edificio de Exposalnés en Cambados acollerá este ano o IV Simposio Móstrate Salnés, no que un grupo de mulleres emprendedoras contan a súa experiencia. O acto comezará ás 18 horas.
E a maiores de toda a programación conxunta, Cambados e Ribadumia celebrarán candansúa Gala Homenaxe en recoñecemento a vida de 6 mulleres de cada municipio. En Cambados será o día 12 de marzo ás 20 horas e en Ribadumia o día 6 ás 19 horas.
Os detalles de toda a programación do CIM do Salnés presentábase esta mañá en Exposalnés nunha rolda de prensa coa presenza da alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, o concelleiro de Ribadumia, Enrique Oubiña, e a concelleira de Cultura de Meis, Ofelia Barral, ademáis da técnica do CIM do Salnés, Mónica Novas.
Unha comparecencia que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA..