A CIG retoma as iniciativas en demanda dunha ambulancia medicalizada para o Salnés.
O sindicato ofreceu esta mañá os seus datos sobre a situación na que se atopa a Área Sanitaria do Salnés no referido a atención do transporte sanitario urxente.
A rolda de prensa da central nacionalista, na que tamén estiveron presentes técnicos sanitarios, produciuse despois de que a Xunta denegara unha vez máis unha una ambulancia con soporte vital avanzado para a comarca ao considerar que os tempos medios de atención son os adecuados
Segundo o xerente de Urxencias Sanitrias, Antonio Fernández-Campa, a espera non se extende máis de media hora en chegar ao punto máis afastado.
Considera o Sergas que a cobertura actual de transporte sanitario segue sendo suficiente e achaca a demanda da ambulancia medicalizada por parte dos sanitarios a un interés laboral de poder dispoñer de máis traballo.
A resposta de Fernández Campa á iniciativa parlamentaria do BNG da pasada semana levantou esta mañá duras críticas por parte da CIG, que acusa ó responsable do Sergas de mentir.
Asimesmo, a central nacionalista volve solicitar novas reunións cos concellos en demanda da ambulancia medicalizada para a comarca, pois da primeira ronda de peticións só conseguiron a atención de Cambados e O Grove.
Explicábao o portavoz da formación nacionalista, Xavier Aboi, nunha rolda de prensa que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.