O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, reuniuse esta mañá cos representantes da Plataforma a prol do centro comercial en Megasa, que lle trasladaron ao rexedor os seus plantexamentos co fin de conseguir que se anule a suspensión das licencias municipais para este tipo de superficies, aprobada no pasado pleno.
O alcalde confirmoulles que o acordo plenario non terá marcha atrás pero, en todo caso, os membros da plataforma saían realtivamente satisfeitos do encontro, no que tamén lle entregaron ao alcalde un escrito coas máis de 1.500 sinaturas recollidas.
A plataforma veciñal xa se reuniu esta semana co grupo municipal de Esquerda Unida, no que tamén ambas partes puideron explicar as súas posturas, que, como era previsible, resultaron moi diferentes.
E agora agardarán ao resultado dos encontros que todavía teñen pendentes cos representantes do BNG esta tarde e co PP a vindeira semana.
Pola súa banda, o rexedor municipal explicoulles os argumentos do goberno local que levaron a suspensión temporal das licencias para a implantación de centros comerciais.
Neste sentido, Alberto Varela aclaroulles que, en ningún caso, o acordo plenario impide a instalación do hipermercado Alcampo.
Trala reunión tanto Alberto Varela, como os portavoces da Plataforma, Lisset Reiris e Julio Pintos nos contaban para AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA as súas impresións do encontro. Con eles estivo Alba Piñeiro.
Ademáis, o rexedor tamén se refería, a preguntas da nosa compañeira, ás críticas do PP sobre aos dous eventos que marchan de Vilagarcía e que, segundo o PP,
concentraban más de 10.000 persoas: o World Padle Tour, que se instalará en A Coruña e a Gala de Panorama, que se traslada a León.
Para o portavoz popular, Tomás Fole, “resulta preocupante a obsesión que teñen no goberno socialista con dinamitar a vida laboral, cultural e deportiva existente e que catapultara a Vilagarcía ata a primeira liña da actualidade. A cambio, o PSOE, aposta por escombreiras como modelo de cidade. O goberno só busca danar Vilagarcía sen darse conta de que dana aos cidadáns”, dí Tomás Fole.
A resposta de Alberto Varela, na conversa con Alba Piñeiro.