Avanzan as obras de mellora e ampliación da estrada e ponte de O Terrón, completando un investimento de máis de 571.000 euros, financiados a través da Xunta.
Os traballos teñen por obxecto a mellora da PO-306, a estrada que parte da rotonda de saída da ponte da Illa cara ao centro urbano.
Ademais, está prevista a ampliación do ancho da ponte de O Terrón, para permitir a habilitación dunha senda peonil e un carril bici que enlazará cos que saen do viaduto procedente da Illa.
A adxudicataria é Covsa e o prazo de execución dos traballos é de seis meses, ainda que o alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, lanzaba esta mañá unha petición á empresa para que aceleren os traballos e poidan estar rematados no mes de agosto, alomenos no tramo da ponte da Illa, para favorecer a circulación das praias.
O ritmo da actuación foi supervisado esta mañá polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, acompañado polo alcalde Gonzalo Durán, que amosaba a súa satisfacción polas obras.
Declaracións que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.