A mancomunidade do Salnés e a Xunta de Galicia asinaron esta mañá un convenio bianual de Turismo por importe de 300.000 euros (200.000 con financiación autonómica e 100.000 que aportará o organismo comarcal)
A través deste convenio, tramitado a través da axencia galega de Turismo, preténdese internacionalizar o destino Salnés ademáis de desestacionalizar a ocupación fora da tempada estival.
De tal xeito que Xunta de Galicia e Mancomunidade do Salnés traballarán en cinco liñas de actuación: a internacionalización, a execución dun plan de e-marketing, o desenvolvemento de produtos turísticos, a promoción e comercialización do destino e a elaboración dun plan estratéxico comarcal.
En canto á internacionalización, elaboraranse contidos para novos mercados como o ruso parlante, celebraranse tres fam trips dirixidos aos mercados de fala rusa, Reino Unido, alemán e francés e porase en marcha un servizo de tradución ao inglés para o sector hostaleiro.
No relativo á execución dun plan de e-marketing, elaboraranse e publicaranse contidos en redes sociais e no blog Descubre O Salnés.
Así mesmo, tamén se traballará no desenvolvemento de produtos turísticos como a Ruta Padre Sarmiento ou a Ruta Variante Espiritual, unha oferta turística que combinará o patrimonio natural co cultural.
O convenio tamén inclue unha reedición dos mapas comarcais.
Os detalles recollíamolos esta mañá en Exposalnés no acto de rúbrica do convenio, coa presencia da Directora Xeral de Turismo da Xunta, Nava Castro, o presidente da Mancomunidade do Salnés, Gonzalo Durán, o responsable de Turismo do organismo comarcal e alcalde de Sanxenxo, Gonzalo Pita, ademáis do tenente de alcalde de Cambados, Victor Caamaño.
Seguindo o acto estivo Alba Piñeiro.