O alcalde de Vilagarcía, Alberto Varela, pide a colaboración da Autoridade Portuaria ante o impedimento que pon a presidenta da entidade para a posible construcción dun centro de salud en la Comandancia da Mariña.
A presidenta do Porto de Vilagarcía reclamaba a titularidade do inmoble ante a intención do alcalde de pedir a Defensa que restitúa ao Concello o inmoble que, segundo Sagrario Franco, Defensa cedeu definitivamente como dominio público portuario en 2008.
Engade ademáis, que os terreos están incluidos na vixente delimitación de Espazos e Usos Portuarios.
Sen embargo, na súa réplica o alcalde Alberto Varela considera que a cesión foi temporal, entende que o uso debe ser para benefico público e se pregunta qué é máis importante para os veciños, se o centro de saúde ou oficinas para novos empresarios de Pontevedra.
O rexedor reclama a colaboración entre administracións e pide á presidenta portuaria que non poña ningún impedimento á próxima visita dos técnicos da Consellería de Sanidade para comprobar as posibilidades de crear na Comandancia da Mariña o novo centro de saúde.
Declaracións de Alberto Varela nunha rolda de prensa que recolleu Alba Piñeiro para AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA