Hoxe púsose en marcha unha nova edición, e van 10, do Obradoiro de Emprego de Hostelría do Salnés, promovido pola Mancomunidade do Salnés e a Xunta de Galicia.
Será a primeira que se realice na nova ubicación de Sanxenxo, tras deixar as instalacións de A Lanzada.
20 desempregados formaránse en cociña e restaurante bar durante 6 meses na primeira pranta de Nauta Sanxenxo.
Este espazo de máis de 500 metros cuadrados supón, segundo destaca a Mancomunidade, unha importante mellora nas instalacións con respecto as anteriores de A Lanzada.
Este ano, 10 alumnos recibirán formación en cociña e outros 10 en atención de restaurante-bar, e durante os 6 meses de onradoiro, percibirán o salario mínimo.
A Xunta inviste 179.000 euros, neste Obradoiro que está considerado como o mellor de Galicia e é o que consigue unha inserción laboral de case o 100%.
Na presentación celebrada esta mañá en Nauta-Sanxenxo, os alumnos recibiron á benvida do Presidente da Mancomunidade, Gonzalo Durán, do Delegado Territorial da Consellería de Emprego, Ignacio Rial, do xerente da Mancomunidade, Ramón Guinarte, e do alcalde de Sanxenxo como Delegado de Turismo na Mancomunidade do Salnés, Gonzalo Pita.
Unha benvida que recollemos en AROUSA PONTEVEDRA DIA A DIA.