Podcast Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

By Radio CernaScience
Download on the App Store

Podcast Radio Cerna episodes

  • O lobo, autor ou vítima do conflicto?
    O biólogo e membro do CSIC, Alberto Fernández Gil, a través da súa tese sobre o comportamento dos grades carnívoros na Cordilleira Cantábrica, pon de relevancia algunhas consecuencias paradóxicas do modelo de xestión do lobo que se está a seguir en Asturias. Conclúe que o control da poboación de lobos, mesmo pode intensificar os ataques ao gando e que as súas poboacións poden verse fortemente alteradas por causas sociolóxicas alleas á especie.
    11 min
  • Rinlo e Touriñán, plantas acuícolas ilegais que pagamos todos!
    Preto de 2 millóns de euros en indemnizacións ten que pagar a Xunta por aprobar proxectos de acuicultura en espazos de Rede Natura. Unha recente sentenza do Tribunal Supremo obriga á Xunta a indemnizar a Pescanova con case 1 millón de euros polos prexuízos xerados ao dar luz verde a un proxecto ilegal en Cabo Touriñán, espazo de Rede Natura. Este é a segunda vez que a Xustiza bota abaixo unha planta de acuicultura nun espazo protexido, logo de que en 2012 tamén deixase sen efecto o proxecto acuícola de Acuinor, en Rinlo (Ribadeo). A asociación ecoloxista ADEGA advirte que pese a estes precedentes, o goberno de Núñez Feijóo segue teimando en permitir este tipo de instalacións en áreas de máxima protección ambiental, algo que apagamos pagando todos.
    11 min
  • Novo método de participación na planificación forestal
    A participación da sociedade galega na planificación dos terreos forestais non existe ou non funciona. Así de claro o expresa na súa tese doutoral o enxeñeiro de montes Xabier Bruña quen propón unha nova metodoloxía de participacíon na que os sectores sociais teñan máis presenza e decisión sobre o que se vaia facer nos terreos forestais. Pasar dunha planificación vertical, onde a Administración é quen ordea, a unha planificación horizontal, onde funciona de intermediaria, conleva tamén unha serie de vantaxes que coñecemos co autor da tese.
    11 min
  • Baterías tóxicas en Cabo Vilán... aínda é posible!
    Pese á renuncia anunciada de Gas Natural-Fenosa de instalar no espazo de Rede Natura de Cabo Vilán unhas baterías de almacenamento de enerxía eólica, ADEGA denuncia o proxecto na Comisión Europea polo seu potencial contaminante. O colectivo ecoloxista critica que o proxeto non conte coa preceptiva avaliación de impacto ambiental e considera que a autorización da Xunta para desenvolver deste proxecto nun espazo protexido é ilegal.
    11 min
  • I Xornada sobre maltrato animal en Compostela
    Será o vindeiro sábado 21 de febreiro na Casa do Peixe do barrio compostelán do Sar. ABEIRO e ADEGA organizan a primeira xornada sobre maltrato animal onde convidan a reflexionar sobre o actual repunte de casos de maltrato animal nesta área de Santiago e, en xeral, sobre as medidas a adoptar contra este tipo de delitos. No encontro participarán grande parte dos colectivos galegos cuxa principal misión é a defensa animal. A xornada completarase cunha concentración por "Calcetíns" e un obradoiro de cociña vegana.
    10 min
  • Informe anual de Proxecto Ríos 2014
    O estado de saúde dos ríos galegos empeora, segundo o informe anual de Proxecto Ríos para o ano 2014. Este documento analiza os resultados das inspeccións de ríos feitas por persoas voluntarias nas campañas de primavera e outono. Nestas inspeccións avalíanse varios parámetros de saúde dos efluentes: calidade das augas, do hábitat, da ribeira, etc. Coñece en que estado se atopan con Proxecto Ríos e ADEGA neste espazo de Radio Cerna!
    10 min

About Podcast Radio Cerna

From the publisher's feed

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país.