Podcast Radio Cerna

Podcast Radio Cerna

By Radio CernaScience
Download on the App Store

Podcast Radio Cerna episodes

  • Os comedores infantís ecolóxicos. A experiencia de A Caracola
    Neste espazo coñeceremos o comedor ecolóxico da Escola municipal da Coruña A Caracola. É unha experiencia de referencia en Galiza de alimentación saudable e ecolóxica para os máis pequenos. Tras 5 anos de traxectoria, o seu modelo de alimentación e educación consegue espertar a curiosidade das nais e pais máis preocupados pola alimentación das súas crianzas. Explicaranos en que consiste a directora da Caracola, Beatriz Ferreira.
    11 min
  • Educando a veciñanza do Barbanza na xestión sostible de residuos
    Charlas, obradoiros, talleres, ecoauditorías e outras actividades forman parte do programa de ADEGA "O lixo desde o teu concello" para concienciar á poboación do Barbanza na xestión sostible do lixo. O programa, que xa comezou, desenvolverase durante todo o ano 2015 tanto a través dos concellos como de entidades culturais, ambientais, educativas, etc.
    10 min
  • Na defensa do patrimonio e a dignidade de Triacastela
    Recollemos neste espazo a visión da Asociación socio-cultura O Iribio, participante no I Encontro "Mobilización social na defensa do patrimonio" organizado por ADEGA, sobre o impacto da actividade mineira no Patrimonio de Triacastela, así como nos recursos de vida dos seus habitantes. Tamén dá conta da difícil situación na que se atopa arestora a preservación da Cova de Eirós.
    11 min
  • Mariñapatrimonio, un modelo na defensa do Patrimonio
    Mariñapatrimonio fixo un repaso da súa historia e dos pasos que deu nos últimos anos para defender moitos dos elementos patrimoniais desta comarca litoral da provincia de Lugo. A súa experiencia é un exemplo de como a sociedade civil se pode especializar na posta en valor dos bens culturais e ambientais comúns. O colectivo participou no I Encontro "Mobilización social en defensa do Patrimonio" celebrado por ADEGA recentemente.
    11 min
  • A contribución do Patrimonio á sociedade
    Defender o Patrimonio pode contribuír a cohesionar a sociedade, favorecer a identidade e ofrecer unha oportunidade máis de desenvolvemento sustentable. No espazo Cerna de hoxe analizamos as vantaxes do Patrimonio e da súa reivindicación para a sociedade e o ambiente da man do profesor universitario Ricardo García Mira. A súa intervención tivo lugar no I Encontro "Mobilización social na defensa do patrimonio" organizado por ADEGA o pasado 16 de xaneiro.
    11 min
  • ADEGA estrea delegación en Monterrei
    ADEGA estrea unha nova delegación na provincia de Ourense que atenderá aos concellos de Monterrei, Laza, Verín, Castrelo, Oimbra, Riós, Vilardevós e Cualedro. ADEGA-Monterrei acolle a persoas sensible coas problemáticas ambientais destes concellos, cos ríos e cos espazos naturais da comarca. A defensa do Támega será un dos focos principais do seu traballo, pero haberá outos que coñecemos coa presidenta da delegación, Carmen García.
    11 min
  • A despedida de Coto do Frade
    Hoxe en Radio Cerna damos conta dunha mala noticia, a despedida da organización ecoloxista da comarca do Ribeiro, Coto do Frade. Repasamos a traxectoria desta organización e coñecemos os motivos do seu adeus.
    10 min

About Podcast Radio Cerna

From the publisher's feed

Radio CERNA é o primeiro espazo radiofónico especializado na temática medioambiental e ecoloxista en Galiza. Está realizado pola Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) para difundir a través da rede e das emisoras locais galegas toda a información relativa á situación medioambiental do país.