Salta da Cama

Salta da Cama

By RadioEstradaNews
Download on the App Store

Salta da Cama episodes

  • SALTA DA CAMA (verán) mércores 30-06-2021 (programa completo)
    Salta Da Cama de 9-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s @s Salt@ns.
    Música
    Javier Otero Neira ofrece un concertó, sin igual, nos xardíns do Pazo de Oca, xunto con Rubén Iglesias, abrindo o ciclo "Música No Ar" da Deputación de Pontevedra.
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    Facebook: https://www.facebook.com/RadioEstrada1077
    ☎️: 986675149
    WhatsApp: 644165966
    ️"SUSCRÍBETE" ao podcast
    Máis Información e outras entrevistas:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    35 min
  • Verónica Barros, BARROS PSICOLOGÍA. DÍA INTERNACIONAL DO ORGULLO LGTBIQ+. ¿Que hai detrás de todas esas letras?
    A psicóloga Verónica Barros fálanos sobre sexualidades e diversidade no Día internacional do orgullo LGTBIQ+.
    Estas siglas definen a terminoloxía da diversidade.
    A realidade é que, así como hai tantas personalidades como persoas, hai tantas sexualidades como persoas sexuadas.
    "Hai tantas personalidades como persoas, e hai tantas sexualidades como persoas sexuadas.".
    "No día do orgullo defendese que cada un de nós temos que ter o dereito de ter os sentimentos, a atracción e a orientación cara a persoa que queiramos".
    "A ignorancia fai que nós acheguemos aos demáis dunha forma moi negativa. Unha vez que abrimos a nosa mente e temos contacto con diferentes formas de pensar, con diferentes culturas e orientacións podemos comprender aos demáis".
    Día internacional do orgullo LGTBIQ+. Que hai detrás de todas esas letras?
    Isto é importante para entender por qué debe existir un día do orgullo LGTBIQ+, e tamén por que cada día hai máis iniciais nesa denominación, pasando, ao comezo do seu uso, nos anos 90, de orgullo LGB a algo tan completo como a denominación actual, na que incluso se inclúe o símbolo da suma.
    Nalgúns casos se lle engade a P, en referencia á pansexualidade, a A de asexualidade ou a AN de antrosexualidade.
    Existen certas terminoloxías máis comunmente coñecidas, mentres que moitas outras quédanse normalmente en palabras que a mairía da poboación non coñece. Por iso imos facer un repaso, xa que coñecer unha realidade fai que a entendamos mellor, e a comprensión aumenta a tolerancia.
    Comezamos por tres termos que son xeneralmente coñecidos: lesbiana, gay e bisexual. A “L”, a “G” e a “I”.
    ✔️L: Lesbiana. Homosexualidade feminina. Orientación sexual na que unha muller ten o seu desexo orientado cara a outra muller.
    ✔️G: Gay. Homosexualidade no cal un home ten o seu desexo orientado cada a outro home.
    ✔️B: bisexual. Cando alguén ten desexo ou atracción cada a persoas independentemente do seu sexo biolóxico.
    Nestes casos, en todos, estamos falando de orientación sexual, é dicir, de cara onde se orienta o noso desexo ou atracción.
    Pero a sexualidade non é só orientación, senón tamén identidade sexual.
    Nacemos cun sexo biolóxico, pero danse moitos casos nos que podemos non sentirnos identificados con ese sexo do que partimos. Entón estaríamos ante diversos casos: a intersexualidade ou a transexualidade ou transxénero.
    ✔️I: intersexual. A intersexualidade é algo moi descoñecido pero á vez moi frecuente. Neste caso, a persoa, cando nace, nace con ambos sexos físicos (home-muller). O sexo é asignado, polo tanto, por un/ha profesional, que ben determinado, na maioría dos casos, polos xenitais, e polo tanto, danse moitas dificultades, xa que a identidade da persoa pode non corresponderse con esa asignación tan aleatoria. Polo tanto, neste caso, non falamos de orientación senón de identidade sexual.
    ✔️T: Transxénero, transexuais. A transexualidade é o caso dunha persoa cuxa identidade sexual ou de xénero non coincide co sexo asignado ao nacer. Neste caso non é que parta dos dous sexos, senón dun, co que non se identifican. De tal maneira que hai que apoiar e intervir para conseguir o sexo co que realmente se identifique esta persoa. Hai variedade de casos.
    ✔️Q: Queer, que se emprega para designar ás persoas que non se consideran nin heterosexuais, nin heteronormativas e tampouco se atopan dentro do xénero binario. Ou genderqueer. É aquela persoa que non se identifica nin como home nin como muller, senón como unha terceira categoría parte, o terceiro sexo, como unha identidade intermedia ou ningunha.
    ✔️+: calquera outra identidade que se quede no medio de todas as anteriores ou de ningunha delas.
    ✔️Cisexual: Identidade concordante cos papeis sociais ou de xénero asignado a unha persoa.
    ✔️Sexo fluido: persoas con identidade sexual genderqueer que rotan a súa identidade de xénero, adecuándose ao contexto social ou persoal no que se atopen.
    ✔️Demisexual: persoa cunha orientación sexual dirixida a persoas so despois de que se forme unha forte conexión emocional con esa persoa.
    ✔️Polisexual: Atracción sexual, emocional, ... por diversos sexos sin discriminar entre eles.
    ✔️Pansexualidade: Orientación sexual cara todos os tipos de sexos.
    ✔️Antrosexual: Persoas que descoñecen a súa orientación sexual, pero existe unha flexibilidade sexual que lles permite desarrollar vínculos amorosos con persoas de calquera sexo e identidade. Combina demisexualidade, bisexualidad e pansexualidade, pero tendo en cotna que os antrosexuais descoñecen a súa orientación sexual.
    ‍⚕️BARROS PSICOLOGÍA, Gabinete de psicoloxía especializado en trastornos do espectro autista e TDAH. Terapia individual e familiar, nenos e adolescentes, dificultades de aprendizaxe, problemas emocionais e de conduta, dificultades sexuais, terapia de parella...
    Máis información BARROS PSICOLOGÍA:
    ✔️Barros Psicologia: https://www.barrospsicologia.com/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/veronicabarrospsicologia
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/barrospsicologia/
    ️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast
    Máis Información e entrevistas:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: @pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    22 min
  • SALTA DA CAMA (verán) martes 29-06-2021 (programa completo)
    Salta Da Cama de 9-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s @s Salt@ns.
    Música
    Verónica Barros de Barros Psicología achéganos consellos para mellorar a nosa saúde mental.
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    Facebook: https://www.facebook.com/RadioEstrada1077
    ☎️: 986675149
    WhatsApp: 644165966
    ️"SUSCRÍBETE" ao podcast
    Máis Información e outras entrevistas:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    45 min
  • Lydia Fontenla de "MI VESTIDOR AZUL" COMO ENFOCAR AS REBAIXAS.
    Lydia Fontenla licenciada en administracion e dirección de empresas pola universidade e Stgo de Compostela, e Máster en Bussiness administración ( MBA) pola EAE Bussiness school e Cristina Fontenla diplomada en Aquitectura de interiores pola universidade da Coruña. Cos seus perfís multidisciplinares crearon hai oito anos a marca "MI VESTIDOR AXUL". Un proxecto que nace da paixón pola moda, de observar a necesidade por achegar a moda accesible aos pobos pequenos, a necesidade de adaptar as tendencias ao noso día a día e de atopar tendas con encanto e roupa diferente.
    Actualmente teñen 3 tendas fisicas propias en Cuntis, A Estrada e Villagarcia de Arousa e unha Franquía en Sigüeiro. Desde hai 4 anos conta cunha tenda en liña e desde que empezaron as redes sociais sempre foron o seu mellor aliado para dar a coñecer os seus tips de moda e ensinar todas as novidades que cada día chegaban a MVA. Actualmente centran os seus esforzos na tenda en liña, a súa canle en crecemento e nas súas redes sociais nas que cada día axudan cos seus vídeos, reels e directos a usar as túas pezas de diferentes formas, tips de moda e estilo.
    "O tema de moda e de tendencia témolo moi interiorizado, nestas festas fomos moi orixianais".
    "O noso día a día está repleto de moitas rutinas e a moda axúdanos a variar esas rutinas".
    "As rebaixas sirvennos para aforrar e para superar o medo a probar novas tendencias".
    Hoxe en día as coleccións cambiaron, a forma de consumir moda, cambiou radicalmente. De modo que o enfoque das rebaixas cambia tamén.
    Sabes a que ano se remotan as rebaixas?, aos anos 30. Dende hai moitos anos xa, grandes empresas da época determinaron que era mais rentable liquidar prendas a un menor precio, que gardar as prendas de moda largos períodos nas tiendas. E moitas veces estos momentos de rebaixas, no que vas de compras e volves frustrado porque o que ti esperabas encontrar, non o había e volves de baixon. Ven dado polo erróneo enfoque que lle damos a esta época. Este enfoque ven dado pola cultura de rebaixas que vimos heredando dende moitos anos.
    Hoxe en día consumimos moda, esto é, queremos variar de como vestir todolos días, e esiximos como consumidores constantes novidades,por que nós aburrimos de vestir sempre igual, porque nós axuda a vernos mellor o vestir de forma variada, porque nós motiva a vestirnos pola maña, esto fai que necesites moita variedade de roupa.
    Hoxe en día as rebaixas están enfocadas para 2 motivos principalmente:
    ✔️ 1.- renovar alguna prenda que sabes que vas usar moito o longo do ano, como poden ser, este ano é moi tendencia levar xersei os hombros, polo que podo buscar algún xersei desos para usar de entretempo en primavera e outono, e ahora no verán darlle un toque diferente ao meu look
    Ou por exemplo, tamén é moi tendencia os looks en cores neutras, e sei que cando chegue o outono vou usar esas cores aproveitando un pantalón branco de verán combinado con un xersei beige, ou un trech beige, entón si o encontró nas rebaixas, pois que ben. Que podo renovar esa prenda.
    ✔️ 2.- e non menos importante, ou o máis importante. As rebaixas están para batir ese medo a comprar una prenda que non sabes si vas usar moito, ou que tes medo a non poñela, e probar. E así ir probando a incorporar pinceladas de prendas que son mais tendencia e que eso axude a incorporar o teu armario prendas diferentes que che van a axudar a vestir diferente, e pouco a pouco incorporar variedade na túa forma de vestir.
    Baixo esta premisa, a forma de consumir moda cambiou moito dende hai uns anos. No noso caso, e en casi tódolos casos é así. Renovamos a colección todalas semanas. Todolos días recibimos nova colección. Unhas prendas vanse vendendo e agotando e no seu sitio entran novas.
    Por eso estamos cansados de leer en infinidade de artículos de internet que aproveites as rebaixas para comprara tendencias algo atemporais que sabes que vas usar moito nos seguintes meses, e si se dá o caso, poder renovar básicos. Pero as veces vas ca idea de atopar a colección máis bonita de verán, esos vestidos que ves nas redes sociais que che fan soñar, vestidos de tirantes, roupa de verán, e esas prendas non sempre entran nas amadas rebaixas debido a esto, que son novidades que acaban de chegar para o verán.
    Ao final, trátase de ir diferente, e divertise coa moda, que é o que sempre din e tratan de transmitir nas redes de MI VESTIDOR AZUL.
    Máis Información MI VESTIDOR AZUL:
    ✔️Páxina Web: https://mivestidorazul.es/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/mivestidorazul
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/mivestidorazul/
    ✔️Twitter: @MiVestidorAzul
    ✔️Atención al Cliente: +34986532217
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    Máis Información e outras entrevistas:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: @pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    13 min
  • SALTA DA CAMA (verán) luns 28-06-2021 (programa completo)
    Salta Da Cama de 9-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s @s Salt@ns.
    Música
    Lydia Fontenla de Mi Vestidor Azul achéganos consellos para vestir de xeito que nós vexamos ben e levantemos o ánimo.
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    Facebook: https://www.facebook.com/RadioEstrada1077
    ☎️: 986675149
    WhatsApp: 644165966
    ️"SUSCRÍBETE" ao podcast
    Máis Información e outras entrevistas:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    44 min
  • David Castellanos, Enxeñeiro Técnico Forestal. REMEDIOS CASEIROS PARA COMBATIR AS PRAGAS E ENFERMIDADES
    David Castellanos é Enxeñeiro Técnico Forestal, experto en Xestión de Explotacións, e vainos achegar cada 15 días consellos para ir preparando a nosa horta dende cero.
    Neste segundo programa falamos de REMEDIOS CASEIROS PARA COMBATIR AS PRAGAS E ENFERMIDADES.
    "Hai unha serie de remedios naturais que nós poden axudar a previr certas enfermidades".
    "Os remedios caseiros están baseados na experiencia, temos que ir probando coas medidas dos ingredientes".
    "Dentro das prantas hai productos químicos que afectan aos insectos e que axudan ás prantas a estar fortes fronte as pragas".
    CONSELLOS:
    Os remedios caseiros están baseados na experiencia, temos que ir probando coas medidas dos ingredientes.
    A auga que temos que utilizar preferiblemente de choiva ou senon de manantial.
    Usar recipientes grandes e amplos, sobre todo con extractos e fermentados.
    Durante o proceso hai que ter en conta:
    - O tempo de fermentación varia en función da época do ano.
    - Hai que remover todos os días.
    - Observar as burbullas que soben a diario.
    - Ao rematar, filtrar ben para evitar pudricións.
    REMEDIO PARA FORTIFICAR AS PRANTAS na prevención de enfermidades (Oidio):
    ✔️ PURIN DE ORTIGA
    100gr de folla fresca por 1 litro de auga e deixar fermentar.
    REMEDIO PARA ACABAR DO PULGÓN:
    ✔️ INFUSIÓN DE ORTIGA
    100gr de folla fresca por 1 litro de auga. Coar e aplicar directamente unha vez arrefriado.
    REMEDIO PARA ACABAR COA ARAÑA VERMELLA:
    ✔️ DECOCCIÓN DE ALLO
    70gr de allo por 1 litro de auga:
    1º Ferver durante 20-30 minutos.
    2º Deixar repousar 24h
    3º Diluir 1 litro de producto resultante en 2 litros de auga.
    REMEDIO PARA O MILDEU DOS TOMATES:
    1 litro de leite desnatado por 4 litros de auga e 1 culler de bicarbonato sódico.
    AGARDAMOS que estes consellos vós axuden a ter unha horta sana e productiva ‍ ‍ .
    Facédenos chegar calquer dúbida que teñades e intentaremos darvos solución.
    Máis Información DAVID CASTELLANOS:
    ✔️Linkedin: https://www.linkedin.com/in/david-castellanos-iglesias-a6358b3b/?originalSubdomain=es
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    Máis Información e outras entrevistas:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: @pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    17 min
  • Carlos Rosón, director de IGAXES fala da campaña NON NOS XULGUES: "Aínda hai moitos prexuizos cos menores tutelados".
    Carlos Rosón desenvolveu toda a súa traxectoria profesional no ámbito do Terceiro Sector de Acción Social, desde o traballo directo con colectivos en risco de exclusión, pasando pola asesoría a organizacións sen ánimo de lucro e administracións públicas.
    Desde hai 13 anos é director Igaxes, entidade do terceiro sector de acción social de Galicia que loita por que ningún neno, nena ou moza teña que renunciar ao seu futuro por razón de pobreza ou exclusión social, así como director da Fundación Trévol de iniciativa social. Anteriormente tamén desempeñou tarefas de coordinación e dirección noutras entidades do Terceiro Sector como Cáritas e Proxecto Home de Galicia.
    É Licenciado en Dereito pola USC, Master en Marketing, Consultoría e Comunicación Política pola mesma universidade e en Dirección e Xestión de Entidades Sociais, Culturais, Sanitarias e Socioeconómicas pola CEU, ademais de Esade Executive Education en Xestión e Dirección ONG´ s e en Liderazgo e Innovación Social. 2013.
    É así mesmo profesor da Escola de Traballo Social da Universidade de Santiago de Compostela, Presidente da Unión de Entidades Novas e Inclusión, Membro do Foro de Liderazgo Social de ESADE- PWC, Membro do Consello territorial de Galicia da Asociación española de Directivos e Membro da Xunta Directiva de FICE.
    "Hai unha especie de identificación entre os rapaces que estan en centros de menores e os rapaces que teñen cuestións penais ou en centros de reforma".
    "Os rapaces entran nun centro de menores para a súa protección, o sistema galego de protección traballa con un pouco máis de 2.000 rapaces".
    "Cando chega o momento de acceder a un traballo ou de alugar un piso, atópanse co estigma e o prexuizo de: "se estás nun centro de menores é porque fixeches algo malo" e eso non é así, non é verdade".
    "Un dos grandes soños de IGAXES é que algún dos xovenes que tutelamos, algún día traballen con nós na ONG".
    “NON NOS XULGUES” é unha campaña para acabar
    co estigma que padece a mocidade tutelada.
    IGAXES lanzou esta mañá a campaña "Non Nos Xulgues", que pretende acabar cos prexuízos sociais que afectan as máis de 1.000 nenas, nenos e adolescentes que viven en centros de protección de Galicia.
    Estes xoves medran en centros de menores porque carecen do respaldo dunha familia, pero parte da sociedade aínda pensa que fixeron algo malo.
    O sitio web https://nonnosxulgues.gal/ permite facer unha visita virtual a un centro tutelado e coñecer as historias das mozas e mozos que alí viven.
    As mozas e mozos que medran nun centro de menores non son máis conflitivos, nin menos estudosos ou traballadores ca o resto da xuventude. A única razón pola que viven baixo a tutela do sistema público de protección é porque non contaron cun fogar seguro no que crecer. Aínda así, parte da sociedade continúa a xulgalos, colocándolles etiquetas inxustas que pesan e discriminan. Coa campaña de sensibilización Non Nos Xulgues, Igaxes quere achegar á cidadanía a realidade destes nenos e nenas de primeira man: a través das súas historias, con eles e elas como únicas protagonistas.
    Cada ano, centos de adolescentes saen do sistema público de protección en Galicia. Dan o salto á vida adulta aos 19 anos de idade media, dez menos que o resto da xuventude.
    Igaxes é desde 2005 a organización responsable de desenvolver o programa Mentor, financiado polo Fondo Social Europeo e a Xunta de Galicia, que acompaña a mocidade tutelada no seu camiño cara á vida independente. Estas mozas e mozos poden permanecer nas vivendas Mentor ata os 21 anos -mesmo ata os 25 en casos excepcionais-, pero a súa idade media de emancipación son os 19 anos.
    Nas vivendas tuteladas, e baixo o apoio de profesionais socioeducativos, estes mozos e mozas prepáranse para a vida adulta. É un proceso contra o reloxo, porque cando sexan maiores de idade terán que dar o salto á vida adulta sen apenas rede de apoio.
    Cando saen do sistema de protección non teñen unha familia á que volver. Por iso atopar un posto de traballo é vital para as persoas tuteladas. Se non logran un traballo ou o perden, o seu risco de exclusión pode multiplicarse severamente.
    A estas dificultades únese unha barreira máis: a desinformación e os prexuízos provocan que a estes mozos e mozas se lles asignen etiquetas inxustas. Parte da sociedade aínda pensa que medraron en centros porque fixeron algo malo ou porque son persoas conflitivas, cando a verdadeira razón é que as súas familias non puideron ou non souberon coidalas.
    Este estigma é un peso engadido ás cargas que xa soportan e a campaña Non Nos Xulgues nace para combatelo. Contará con paneis informativos itinerantes que rotarán por medio cento de concellos de Galicia, tanto en espazos públicos como en grandes áreas comerciais grazas á participación de concellos, empresas, universidades e entidades colaboradoras.
    Na web interactiva https://nonnosxulgues.gal/ , algúns destes mozos e mozas narran as súas propias experiencias e abren as portas da súa casa, coa única vontade de compartir a súa realidade e derrubar prexuízos.
    Nas redes sociais, Igaxes espallará a voz das persoas tuteladas baixo o hashtag #NonNosXulgues, animando a cidadanía a compartir esta mensaxe para que acabar co estigma se convirta nunha misión colectiva.
    Faite socio/a de IGAXES:
    https://www.igaxes.org/es/hazte-socio/
    Máis Información IGAXES:
    ✔️Páxina Web: https://www.igaxes.org/es/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/igaxes
    ✔️Twitter: https://twitter.com/igaxes_ong
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/igaxes/
    ✔️YouTube: https://www.youtube.com/channel/UCAxGiVsMqKrKY02A2uOO6hQ
    ✔️Linkedin: https://www.linkedin.com/company/igaxes/
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    Máis Información e outras entrevistas:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    10 min
  • PAKOLAS, concerto nas Festas Da Estrada SAN PAIO 2021: "Xa hai tempo que tiña ganas de ir á Estrada".
    “Pakolas” é Paco Cerdeira, autor e compositor, músico, e tamén produtor de música pensada para @s mais cativ@s. Este é o nome que que lle gusta que o coñezan entre a poboación de curta idade. Ten longa traxetoria neste eido profesional, pasando por grupos como Mamá Cabra do que formou parte durante 10 anos, sendo fundador e formando parte de A Gramola Gominola na actualidade (compositor, guitarra e voz), e presentando tamén un proxecto individual e moi persoal para o público mais pequeno e as familias, “Pakolas”, que xa conta con dous librodisco no mercado e leva xirando coas súas cancións por toda Galicia dende o mes de Abril de 2017 cos seus espectáculos.
    "Ramona Orbita, é unha labrega da serra do Courel que ten unha horta cibernética con patacas automáticas e unha máquina do tempo".
    "Rock and Roll estilo Pakolas, por medio da imaxinación faremos unha viaxe no tempo na que disfrutaremos de moitas personaxes".
    "É importante mover un pouquiño o cú senón atrófiase".
    Pakolas guiaranos coa súa forza interpretativa e o seu humor por todo un universo musical, a través da súa voz e tocando a guitarra, neste espectáculo individual creado polo propio autor, onde a interacción coas nenas e nenos en que os fai partícipes, a animación, as súas caracterizacións e a súa música son o principal atractivo para o público.
    En “Ramona Órbita, a dona do tempo” Pakolas preséntanos o seu último librodisco, editado en Sonárbore, na Editorial Galaxia (Agosto-2020)
    Neste novo traballo contaremos e cantaremos a historia de Ramona Órbita, unha muller labrega da Serra do Courel, que posúe unha horta cibernética con patacas automáticas, e ademais ten unha máquina do tempo, o seu mellor invento. Con ela viaxa ao futuro e ao pasado na procura de tecnoloxía para crear un mundo mellor, mais ecolóxico e con enerxías limpas.
    Así, a través das cancións e a narración, imos saltando a diferentes épocas. Ramona viaxa á prehistoria a comer churrasco de mamut con Manolo Cavernario que acaba de descubrir o lume, visita a Leonardo Da Vinci no Renacemento, acode ao Antigo Exipto cun tal Ramsés que lle cheiran os pés, ou conversa cun robot que ten unha Roda Rota que se fai chamar Time, etc, todo ata chegar a Benvidas ao Futuro na que cantamos por unha sociedade mais ecolóxica e concienciada co respecto e coidado á natura.
    Pakolas combinará a narración, a interpretación e caracterización de moitas personaxes, e a música; e tamén animará aos nenos e nenas e a todo o público a participar coas mans, cos ritmos do corpo e coa voz (retrousos, sons, etc). Así, podemos compartir entre todos e todas a música e as historias cantadas e contadas. En definitiva, un xeito divertido de aprender e de gozar.
    En definitiva un espectáculo para compartir cos mais peques e coa familia. Pakolas incluirá nesta montaxe algún dos seus éxitos anteriores, dos mais aclamados polo público.
    Máis Información FESTAS SAN PAIO 2021: https://app.aestrada.com/eventos/ficha/1262/gl
    Máis Información PAKOLAS:
    ✔️Páxina Web: https://pakolas.com/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/pakolas.musica/
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pakolascerdeira
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pakolas_pacocerdeira/
    ✔️YouTube: https://www.youtube.com/channel/UC2DcmQ2oWQdPBZgPeovTD7A
    ✔️Spotify: https://open.spotify.com/artist/79olzk8xoppHWDtVUMd967
    ✔️SoundCloud: https://soundcloud.com/pakolas
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    Máis Información e outras entrevistas:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    9 min
  • Visita SALTÓNS e SALTONAS. No cambio de tempada non me querían deixar só. GRAZAS
    Ao longo desta tempada os Saltón e Saltonas (ointes do Salta Da Cama), creceron exponencialmente. Tanto no podcast como a través do transistor. Uns dos grandes culpables foron os/as CHOFERES E ACOMPAÑANTES dos buses escolares. Poño en maiúscula porque, a pesar de non estar considerados persoal esencial do sistema educativo e da precariedade na que traballan, desenvolveron o seu taballo coa maior da profesionalidade e un gran sentido do humor para que os rapaces/as vaian seguros, felices e contentos ao colexio.
    Ao longo desta tempada, coa axuda e o apoio de todos, saímos a diante. Tódolos días era un pracer ir a traballar porque sabía que iba a atopar ao outro lado do transistor a unhas estupendas persoas que se convertiron co paso do tempo en amigos e familia. Unha gran familia que cada día de 8 a 10h. nós arrincamos un sorriso e nós damos poulos para afrontar o día do mellor xeito posible.
    No día de hoxe déronme unha gran sorpresa achegándose aos controis do "Salta Da Cama", e claro está, non me puiden resistir a poñelos diante dos micrófonos.
    GRAZAS POR TANTO!!!.
    5 min
  • SALTA DA CAMA mércores 23-06-2021 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s @s Salt@ns.
    Visita sorpresa dos Saltóns e Saltonas aos estudos de Radio Estrada.
    David Castellanos danos consellos para ter a nosa horta ben coidada.
    Pakolas tráenos música ás Festa de San Paio Concello da Estrada
    Carlos Rosón Varela director de Igaxes falaremos da campaña #NonNósXulgues que busca eliminar os prexuizos que existen sobre a mocidade tutelada.
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    Facebook: https://www.facebook.com/RadioEstrada1077
    ☎️: 986675149
    WhatsApp: 644165966
    ️"SUSCRÍBETE" ao podcast
    Máis Información e outras entrevistas:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 33 min

About Salta da Cama

From the publisher's feed

O primeiro asalto ó dia!! Programa despertador de Radio Estrada con adicatorias musicais, información, entretemento e concursos!