Salta da Cama

Salta da Cama

By RadioEstradaNews
Download on the App Store

Salta da Cama episodes

  • Uxía Seoane, autora dun fermoso poema sobre a Covid-19, visitou o "Salta Da Cama" coa profesora Beatriz Quintela.
    Uxía Seoane Duro achegouse ao "Salta Da Cama" para recitar un poema sobre a Covid-19, que ela mesma escribeu.
    Uxía veu acompañada pola profesora Beatriz Quintela, á cal lle quero dar as grazas polo gran traballo que fai.
    Aquí vos deixo tamén o video para que o poidades disfrutar.
    VER VIDEO: https://www.youtube.com/watch?v=ArVdu1-7hJE
    Máis Información IES Nº1:
    ✔️Páxina Web: https://www.edu.xunta.gal/centros/iesnumero1estrada/
    ✔️Páxina Web: https://elorienta.com/numerounoestrada/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/iesn1
    Máis Información EXPRES DE VEA:
    ✔️Páxina Web: https://expresdevea.com/gl/
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    Máis Información e outras entrevistas:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: @pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    7 min
  • Verónica, BARROS PSICOLOGÍA. CAMBIOS PSICOLÓXICOS CANDO PASAMOS POR UNHA ENFERMIDADE.
    A psicóloga Verónica Barros explica os cambios psicolóxicos que pasamos cando pasamos por unha enfermidade.
    "Nunha enfermidade, ás veces, as persoas que están cerca pásano peor que a persoa que sofre a enfermidade".
    "Sempre que buscamos información dunha enfermidade pola nosa conta, quedámonos coa peor información".
    "Temos que seguir para adiante, porque unha persoa falte, nós temos que seguir coa nosa vida".
    Como enfrontarse a unha enfermidade, dende o punto de vista psicolóxico. Proceso, dor, dor crónica, ...
    As enfermidades xeneran cambios a todos os niveis na vida das persoas que as padecen, pero tamén das persoas que apoian ou conviven co/a persoa que está pasando directamente coa enfermidade. Estes cambios son biolóxicos, sociais, familiares, laborais, ...
    Dende a parte emocional, danse unha serie de cambios que fan que a persoa se vaia adaptando de forma natural ao proceso de enfermidade. Son fases que fan que nos adaptemos para mellorar a nosa calidade de vida:
    ✔️1. Incertidume e confusión. É o momento inicial, no cal nos acaban de dar a noticia de que algo vai mal, pero non sabemos realmente nada. Incluso podemos non saber o que realmente temos, e polo tanto, sentímonos perdidos. Neste caso, a tendencia é a buscar información. E, por conseguinte, tamén é importante evitar o efecto de amplificación da información, onde buscamos en internet todo o relacionado cos síntomas que pensamos que temos.
    ✔️2. Desconcerto. Cando recibimos o diagnóstico, pode ser a primeira vez que temos contacto con esa enfermidade en concreto, ou, como pasa no caso dos cancros, por exemplo, ter moi mala información sobre a mesma. Desta maneira, nestes momentos é moi normal sentir bloqueo emocional, e, posteriormente, pasar a ter sensacións de angustia, desamparo, medo, ... Neste momento é importante recibir información adecuada, contar con especialistas cerca e persoas de confianza nas que apoiarnos.
    ✔️3. Oposición e illamento. Pode ser que despois de recibir ese diagnóstico apareza a negación, para que así a nosa mente teña un respiro ou como defensa para asimilar o que ben e tomar un pouco de distancia fronte o que nos dixeron que vai pasar. Incluso tamén podemos precisar un pouco de distancia cos demais.
    O importante é respectar os tempos e os estados de cada un.
    ✔️4. Rabia. Loxicamente, estar enfermo non é algo que desexemos, polo que é normal que nos frustremos e que nos doia estar padecen unha enfermidade (non é o momento, xusto agora, por que a min, ...). Todos estes pensamentos deben ser pouco a pouco xestionados, pero é bo saber que temos dereito a berrar ou a chorar de vez en cando. E isto debe ser tratado con naturalidade e comprensión polas persoas cercanas. Porque, moitas veces, os que están ao lado din...bueno, non te preocupes, non te poñas así, chorando non arranxas nada, ... pero chorar, de vez en cando, vennos moi ben. E non por chorar significa que esteamos nunha depresión, senón que pode ser a nosa mente intentando adaptarse.
    ✔️5. Tristeza. Despois da rabia pode vir a tristeza, que leve a illarse un tempo, e para así elaborar correctamente o que está sucedendo.
    ✔️6. Adaptación. Xa abordamos as cousas con máis serenidade. Aquí xa podemos avaliar a situación dunha forma máis racional.
    Dicir que estas son unhas fases que se repiten en moitas situacións das nosas vidas e que temos que saber xestionar estes procesos que, a pesar de ser desagradables, son os que nos permiten avanzar e elaborar correctamente un duelo, xa sexa pola perda dun estilo de vida, pola perda dunha persoa, ou dunha relación. Cada proceso ao seu nivel, e coa súa temporalidade, pero cunhas fases moi similares, ao fin e ao cabo.
    Recordar que todo ten a súa parte boa e a súa parte mala, e a vida non ía a ser diferente.
    ‍⚕️BARROS PSICOLOGÍA, Gabinete de psicoloxía especializado en trastornos do espectro autista e TDAH. Terapia individual e familiar, nenos e adolescentes, dificultades de aprendizaxe, problemas emocionais e de conduta, dificultades sexuais, terapia de parella...
    Máis información BARROS PSICOLOGÍA:
    ✔️Barros Psicologia: https://www.barrospsicologia.com/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/veronicabarrospsicologia
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/barrospsicologia/
    ️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast
    Máis Información e entrevistas:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: @pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    16 min
  • Andrea Porto, A BANDA DA LOBA fálanos dos próximos concertos das bandoleiras: "O venres poderemos bailar e saltar".
    Andrea Porto de A BANDA DA LOBA fálanos dos próximos concertos comezando polo do venres 25 nas Festas de San Paio 2021 da Estrada.
    "A nosa idea é combinar os dous traballos, "Fábrica de luz" e "Hasme oír"".
    "Este verán as espectativas son mellores que o ano pasado".
    "Temos moitas ganas de facer este concerto porque vai ser o primeiro no que o público vai a estar de pé, bailando".
    A banda da Loba son:
    Andrea Porto Mato (baixo)
    Estela Rodríguez Carvalho (violín)
    Inés Mirás (guitarras)
    Marcela Porto (percusión)
    Xiana Lastra (voz)
    Cinco mulleres que decidiron unir as súas traxectorias individuais para dar voz a este novo proxecto, destaca a creación dun repertorio propio baseado tanto en letras da súa autoría como en musicalizacións de poetas célebres ou outros textos tomados dos poemarios de escritoras contemporáneas. Todo isto, baixo un estilo ecléctico e heteroxéneo que bebe do rock, do pop, do folk… e fai do seu repertorio un fantástico caleidoscopio musical. En decembro de 2017 saíu á rúa o seu primeiro traballo discográfico, “Bailando as rúas”, no que contaron coa produción musical de Adrián Saavedra e as colaboracións de Guadi Galego e Tanxugueiras. Tras o gran éxito acadado e despois de dar máis de setenta concertos en ano e medio, dentro e fóra do noso territorio, preséntannos agora o seu novo traballo, «Fábrica de luz».
    Fábrica de luz é un traballo de creación, reflexión e homenaxe en torno á idea de nai entendida nun sentido amplo. A lingua e a terra, son as primeiras nais, fábricas de luz. As creadoras que nos precederon e as que nos acompañan nesta viaxe son tamén fábricas de luz. As nosas nais, as vosas nais, todas as nais son fábricas de luz. Son fogar, tempo e amor incondicional. Son poder, loita e memoria. Son todo o que nos permite ser hoxe tamén fábrica de luz.
    Con motivo das Letras Galegas 2021, A banda da Loba
    presenta o EP Hasme oír en homenaxe a Xela Arias.
    Composto por catro cancións, tituladas como cada un
    dos poemarios publicados pola escritora ("Intempériome", "Tigres coma cabalos", "Darío a diario" e "Denuncia do equilibrio") e tres interludios musicais - recitados de poemas da autora, conserva a esencia caleidoscópica á que o grupo nos ten acostumadas, presentando catro estilos musicais totalmente diferentes: Rock, pop, country e bolero. Trasládano agora aos palcos sumándolle a este traballo novos temas que se relacionan tanxencialmente coa obra e a vida de Xela e coa evolución da nosa poética feminina, creando un discurso onde dan a coñecer a súa vertente máis humana.
    Máis Información de "A BANDA DA LOBA":
    ✔️Páxina Web: https://abandadaloba.gal/
    ✔️YouTube: https://www.youtube.com/channel/UCZkJHlvbIRyXE0qSwMRgSzg
    ✔️Spotify: https://open.spotify.com/artist/0CDzdr8pmN623ifZ9oEuVH?si=A7hC-zAqSQOqATMHEqticA
    ✔️Itunes: https://music.apple.com/us/artist/a-banda-da-loba/1309585510
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/abandadaloba
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/abandadaloba/
    Máis Información SEISPÉS PRODUCCIÓNS CREATIVAS:
    ✔️Páxina Web: https://seispes.com/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/seispes
    ✔️Twitter: @seispes
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/seispesproducionscreativas/?hl=en
    ✔️YouTube: https://www.youtube.com/user/SeipesProducions
    ️"SUSCRÍBETE" ao podcast
    Máis Información e outras entrevistas:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: @pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    12 min
  • SALTA DA CAMA martes 22-06-2021 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s @s Salt@ns.
    Música
    A banda da Loba actuará o día 25 das festas San Paio 2021
    Verónica Barros de Barros Psicología achéganos consellos para mellorar a nosa saúde mental.
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    Facebook: https://www.facebook.com/RadioEstrada1077
    ☎️: 986675149
    WhatsApp: 644165966
    ️"SUSCRÍBETE" ao podcast
    Máis Información e outras entrevistas:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 38 min
  • Lydia Fontenla de "MI VESTIDOR AZUL". Que poñerse para o vermú, verbena e concertos.
    Lydia Fontenla licenciada en administracion e dirección de empresas pola universidade e Stgo de Compostela, e Máster en Bussiness administración ( MBA) pola EAE Bussiness school e Cristina Fontenla diplomada en Aquitectura de interiores pola universidade da Coruña. Cos seus perfís multidisciplinares crearon hai oito anos a marca "MI VESTIDOR AXUL". Un proxecto que nace da paixón pola moda, de observar a necesidade por achegar a moda accesible aos pobos pequenos, a necesidade de adaptar as tendencias ao noso día a día e de atopar tendas con encanto e roupa diferente.
    Actualmente teñen 3 tendas fisicas propias en Cuntis, A Estrada e Villagarcia de Arousa e unha Franquía en Sigüeiro. Desde hai 4 anos conta cunha tenda en liña e desde que empezaron as redes sociais sempre foron o seu mellor aliado para dar a coñecer os seus tips de moda e ensinar todas as novidades que cada día chegaban a MVA. Actualmente centran os seus esforzos na tenda en liña, a súa canle en crecemento e nas súas redes sociais nas que cada día axudan cos seus vídeos, reels e directos a usar as túas pezas de diferentes formas, tips de moda e estilo.
    "Hoxe traémos uns looks para os diferentes eventos que teremos nas festas, vermú, concertos e verberna".
    "Un falda Midi e unhas sandalias, sérvennos para todo o día".
    "Un look cambia moito cando ten dúas pinceladas de complementos, témolo que ter en conta".
    Un look para cada ocasión:
    ✔️Vermut .- un look cómodo e estiloso. Unha falda Midi, unhas pás planas bonitas, un top ou camiseta e un bolso cruzado. Moi importante, unhas lentes de sol.
    Un look cambia moito cando está complementado adecuadamente.
    Outra proposta de look. Un vestido midicunhas sandalias ouunhas zapas. Este é un básico que nunca falla. Combinado
    ✔️Concertos .- que ben que poidamos gozar de concertos, ainda que sexa sentados. Neste caso vou atreverme con 2 estilos.
    O primeiro e máis tranquilo e básico. Ir de vaqueiros, pero non calquera vaqueiro. Senón cos que están de moda, que son algo máis floxos na perna. Xa sexa un pantalón " slouchy ", ou se aínda non atopamos o pantalón de moda que vaia con nós, un pantalón recto. Pero sempre na onda dun look a moda. E unha camiseta estilo roqueira, son unhas camisetas moi chulas que achegan un extra de rollazo guai ou look.
    Outro máis atrevido, un saia curta combinada cunhas botas moteiras de inverno, ou verán, pero sen non temos botas de verán, a mestura dunhas botas de inverno coas pernas ou aire achegan un aire moi atrevido e cañero.
    Ahh, e para vós máis modernos, é este tip de estilo. Vaille gustar a moitos, algúns porque vós pillou á moda de novo, e outros porqué lles gusta ir a última. Este tip é o máis vistoso e novo desta tempada. Levar o xersei ás costas. Nestos días de máis fresquiño, ou para crear un look para a noite, son tips que nós veñen ben.
    ✔️verbenas de noite .- pola noite imos tirar máis de cazadoras tipo biker, ou moteiras, son as cazadoras de coiro, ou cazadoras vaqueiras.
    Este ano haberá moitos pantalóns de pata ancha, unha moda que a moitas lles vai custar adaptarse. Pero moitas, máis modernas e atrevidas, van a lucir este ano os primeiros looks con pantalóns de pata mais ancha, porque para a noite ou algún evento é a tendencia máis notable.
    Tamen desde as redes sociais de MI VESTIDOR AZUL, están promovendo moito un tip que moi chulo, que é usar os vestidos camiseros, estes son, os vestidos que teñen botóns por diante, e podense usar como peza de chaqueta ou kimono. E deste xeito ter máis opcións para combinar e crear looks sen percorrer os 4 días de festa coa mesma cazadora negra pola noite. Ou a mesma cazadora vaqueira. Ten un rollo moi estiloso, é algo máis abrigadiño para non ir en manga curta ou tirantes, e é un tip novo e diferente tamén.
    Ao final, trátase de ir diferente, e divertise coa moda, que é o que sempre dicin e tratan de transmitir nas redes de MI VESTIDOR AZUL.
    Máis Información MI VESTIDOR AZUL:
    ✔️Páxina Web: https://mivestidorazul.es/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/mivestidorazul
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/mivestidorazul/
    ✔️Twitter: @MiVestidorAzul
    ✔️Atención al Cliente: +34986532217
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    Máis Información e outras entrevistas:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: @pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    14 min
  • Lorena Penas, ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN. Hoxe: Cinco ferramentas de Google de utilidade para a estratexia dixital
    Lorena Penas é a socia fundadora de "Actualizados Comunicación", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital.
    Aínda que a complexidade dunha estratexia dixital dependerá en gran medida de que queremos conseguir con ela, Google pon á nosa disposición ferramentas profesionais para dar os primeiros pasos na dixitalización da nosa marca. Desde publicar campañas publicitarias e analizar os seus resultados ata indagar sobre os termos máis buscados do momento, a multinacional bótanos un cable, de maneira sinxela e efectiva (aínda que se poida utilizar tamén en niveis máis profesionais e avanzados), co noso posicionamento na rede.
    "Google axúdanos moitísimo a posicionarnos".
    "É moi importante ter os datos actualizados en Google".
    "As ferramentas de Google proporcionannos información para coñecer mellor aos nosos clientes e ao noso negocio".
    Algúns dos servizos que máis útiles nós poden resultar para comezar a traballar na nosa estratexia:
    ✔️ Google My Business. É o primeiro paso para ter presenza na rede. Google My Business é unha ferramenta gratuíta que permite promocionar o perfil e sitio web dunha empresa no buscador de Google e o Maps. Así mesmo, permite dar información aos clientes e recibir información dos mesmos, é dicir, manter unha comunicación bidireccional. Os usuarios poderán realizar recensións e valoracións e nós poderemos facilitar información de interese como horario de apertura, dirección, teléfono de contacto, fotografías de produtos e servizos e moito máis. Para beneficiarnos destas prestacións teremos que crear un perfil de empresa que, máis tarde, poderá aparecer nas procuras que os nosos clientes potenciais realicen.
    ✔️ Google Ads. Se o que nos interesa é posicionar os nosos servizos ou produtos entre os resultados de procura, leste é o servizo ideal. Google Ads permítenos crear anuncios que se dirixen a #palabra# chave específicas relacionadas co noso negocio. Estes anuncios aparecen na parte superior ou á dereita ao realizar unha procura dun termo relacionado coa nosa marca. Permite cumprir tres obxectivos: incrementar as chamadas á túa empresa, aumentar as visitas á nosa tenda ou dirixir os clientes ao noso sitio web. Ademais, o custo dos devanditos anuncios vén determinado pola cantidade de clics que se fan neles.
    ✔️ Google Analytics. Tal como o seu nome indica, é unha ferramenta de análise para os negocios que dispoñen de sitio web. Realiza un seguimento dos puntos máis importantes que debemos coñecer da nosa páxina: a audiencia, desde os seus datos demográficos ata os seus intereses, comportamento e como funciona o noso contido, conversións, etc. En resumo, fai un seguimento da nosa web e os usuarios que chegan a ela, de modo que, ao coñecer as cifras, poderemos aplicar melloras, coa axuda das suxerencias personalizadas de Google. Tamén en relación á nosa web, Google Search Console indicaranos que estamos a facer mal en relación ao noso posicionamento e como solucionalo.
    ✔️ Google Keyword Planner. O planificador de palabras chave, que garda relación con Google Ads, facilita a tarefa de escoller as keywords máis adecuadas para o noso anuncio. Tamén lanza estatísticas de interese e prognósticos de tráfico que nos axudarán a decantarnos por unhas ou outras palabras.
    ✔️ Google Trends. Permite comparar a popularidade de procura dun ou varios termos nun período determinado de tempo e nunha rexión concreta. Aínda que pode ser unha ferramenta interesante para satisfacer a curiosidade de calquera de nós, tamén é útil para establecer unha estratexia dixital. Con ela poderemos saber que lle interesa aos usuarios e tamén como aproveitarnos destas palabras chave ou keywords, utilizándoas, por exemplo, nas nosas campañas publicitarias. Ademais, tamén poderemos utilizala para coñecer a popularidade do noso negocio na rede con tan só introducir o noso nome no buscador da ferramenta.
    Máis Información ACTUALIZADOS COMUNICACIÓN:
    ✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion
    ✔️Twitter: @actualizadoscom
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/
    ️"SUSCRÍBETE" ao podcast.
    Máis Información e outras entrevisas:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: @pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    12 min
  • SALTA DA CAMA luns 21-06-2021 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s @s Salt@ns.
    Música
    Lorena Penas de Actualizados Comunicación tráenos consellos para gestionar as nossas redes sociais.
    Ly Waki de Mi Vestidor Azul achéganos consellos para vestir de xeito que nos vexamos ben e levantemos o ánimo.
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    Facebook: https://www.facebook.com/RadioEstrada1077
    ☎️: 986675149
    WhatsApp: 644165966
    ️"SUSCRÍBETE" ao podcast
    Máis Información e outras entrevistas:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 38 min
  • SALTA DA CAMA venres 18-06-2021 (programa completo)
    Salta Da Cama de 8-10h
    107.7Fm
    ️ www.radioestrada.com
    HOXE:
    Santoral
    Pastelería Mimela felicita o aniversario a tod@s @s Salt@ns.
    Música
    Secho comeza unha nova etapa en solitario co álbum “RECUPERAR”.
    Musikenos remata o curso escolar e comeza o campamento de verán.
    ESCOITÁMONOS
    PARTICIPA:
    Facebook: https://www.facebook.com/RadioEstrada1077
    ☎️: 986675149
    WhatsApp: 644165966
    ️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast
    Máis Información e outras entrevistas:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    1 hr 35 min
  • Paco Guerra, academia de música MUSIKENOS fálanos dos CONCERTOS e do CAMPAMENTO de verán: "Imos ter ROCK por un tubo".
    Falo con Paco Guerra da academia de música Musikenos. Unha academia pioneira, na Estrada, na que mozos de tres a máis de sesenta anos aprenden música por medio do Rock.
    Nela poderedes desfrutar de clases teóricas e prácticas de música a todos os niveis e para todas as idades.
    Guitarra española, eléctrica, piano, contrabaixo, percusión tradicional e contemporánea, batería, conxunto e todo tipo de clases teóricas tanto para principiantes coma para avanzados, armonía, linguaxe musical, música activa, musicoterapia.
    Musikenos proponnos un campamento de verán para a rapazada de entre cinco a dezaoito anos, nun entorno sen igual, a praia fluvial da Estrada.
    "Tivemos que implentar moitas medidas para que todo estivera ben feito. A xente foi bastante responsable e foi un curso bastante levadeiro".
    "O sábado 26 das festas faremos dous pases no xardíns da Estrada. Un ás 10:30h e outo ás 12:30h. O repertorio vai a ser variado, con adaptación de temas moi coñecidos e un baile dos máis pequenos".
    "É unha marabilla facer o campamento musical na praia fluvial porque ademáis de facer actividades musicais podense facer tamén actividades de ocio".
    "Case temos pechado o concerto de Rock para o 17 de xullo, pero aínda está por determinar. Este verán imos ter Rock por un tubo".
    26-06-2021 10:30h Xardíns do Concello da Estrada
    26-06-2021 12:30h Xardíns do Concello da Estrada
    CONCERTO DE ROCK (xullo, por determinar)
    Máis Información MUSIKENOS:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/Musikenos-318862088309830
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/musikenos/
    ✔️Correo Electrónico: [email protected]
    ✔️Teléfono Alex Pereiras: +34676130512
    ✔️Teléfono Paco Guerra: +34610735846
    ️ "SUSCRÍBETE" ao podcast
    Máis Información e outras entrevistas:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    11 min
  • SECHO presenta o seu primeiro disco en solitario "RECUPERAR": "Temos moito que recuperar".
    Secho escribía cancións para si mesmo desde os albores deste século ata que en 2009 a banda Medomedá, coñecedora destes tesouros agochados, convídao a abrir un dos seus concertos en Compostela. De aí xurdiron outras actuacións, colaboracións e tamén a primeira formación, composta por músicos de Medomedá e Ruxe Ruxe. Nese verán rexístrase en Pouland Studios o primeiro EP que sae co nome de ‘Secho y los invisibles´. Despois de varias formacións e concertos polo país, publica en 2016 o seu primeiro LP, “Xa fai un tempo” (Discos da Máquina), que foi presentando por salas de todo o país. Agora Secho regresa con “Recuperar”, o seu 1º traballo en solitario, gravado con Iago Pico e rodeado de músicos como Dani Riveiro, Lois Carlín, Tomás Porteiro e varias colaboracións que descubriremos nos vindeiros meses. Un feixe de cancións que tecen un disco moi persoal e íntimo no que o pop, o indie ou o folk americano danse a man adubiados polas montañas do Barbanza.
    "A nivel persoal quería recuperar os espazos, os concertos en directo, o tempo sobre todo... Despois da pandemia todos temos cousas que recuperar".
    "É unha sorte contar con estos músicos son a base deste disco. As colaboracións foron froito das charlas nocturnas durante a pandemia".
    "Cada canción ten o seu propio espazo, cada tema cántalo como mellor o podes comunicar".
    "Cada ano, dende que comecei a escribir, compuxen un disco, pero non os grabei. Para este disco teño cancións máis antigas e outras que escribin recentemente".
    "Inspírome no que me vai pasando, no que vou vendo ao meu redor".
    ️DATAS CONCERTOS:
    28-06 Santiago de Compostela (FESTAS DE SAN PEDRO)
    24-07 Santiago de Compostela (FESTAS DO APÓSTOLO)
    ESCOITAR:
    ✔️YouTube: https://www.youtube.com/channel/UCU1wSK6f4dOnDiWBttFrn7g
    ✔️Spotify: https://open.spotify.com/album/073DDWM5eXz5BrcFXxWwpx
    ✔️Apple Music: https://music.apple.com/es/album/recuperar/1572086008
    ✔️Amazon: https://www.amazon.com/dp/B097F3SK3V?linkCode=osi&th=1&psc=1&tag=fndcmpgns-20
    ✔️Pandora: https://www.pandora.com/restricted
    ✔️Deezer: https://www.deezer.com/es/album/237105512
    ✔️HearNow: https://secho.hearnow.com/?fbclid=IwAR0SV2H_35CO-uP7j53mOjZfA5TLIzJfN8hf4XgPCj-1CjMDz7-dBTI_0D4
    Máis Información SECHO:
    ✔️Páxina Web: http://secho.gal/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/secho.gal
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/secho.gal/
    Contratación:
    ✔️Correo: [email protected]
    ✔️Teléfono: +34981582836
    ✔️Páxina Web: https://www.culturactiva.org/
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/culturactiva.scg
    ✔️Twitter: @culturactivaSCG
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/culturactiva_coop/
    ️"SUSCRÍBETE" ao podcast
    Máis Información:
    ✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
    ✔️Twitter: @pablochichas
    ✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
    ✔️Clubhouse: @pablochichas
    ✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas
    17 min

About Salta da Cama

From the publisher's feed

O primeiro asalto ó dia!! Programa despertador de Radio Estrada con adicatorias musicais, información, entretemento e concursos!