Diego Salgado, vocalista, multiinstrumentista e compositor betanceiro, leva xa case trece anos enriba dos escenarios. Medrou nun fogar no que a música estaba omnipresente, cunha nai cantante, un pai e un tío melómanos e unha irmá pianista. Con 17 anos ingresou nas filas das músicas da súa vila, en grupos coma a Qando Vand ou Razza. Con 18 marcha a Compostela a estudar Psicoloxía e con 21 descobre a loita social durante o 15M, feito que marcará a súa lírica para sempre. Con esa mesma idade marcha estudar Interpretación en Arte Dramática na ESAD de Galicia e se forma coma actor de xesto, ademais de comezar a súa andanza na técnica vocal. Pouco despois recala de novo en Compostela e forma bandas coma Poesía Canalla (2014-2018) ou Mojo Experience (2015-), medrando no blues, no soul e rock, e desenvolvendo a súa faceta compositiva. Tras anos de concertos por toda Galicia, só e con distintas formacións, acaba formando grupos tan dispares coma Eucaria (cuarteto de rock progresivo, 2018-) e Udra (neosoul, funk, 2019-), que xunto con Mojo Experience, forman parte da actividade actual do artista. Dende hai anos leva colaborando con artistas galegos coma Sheila Patricia, IlMarto ou High Paw, tecendo unha rede de xente con ganas de facer medrar a cultura musical en Galicia.
En canto a súa faceta de actor, no seu haber ten obras coma "Á espera de Godot" (Sinuntu, 2014), o espectáculo de Improversados (improvisación teatral e musical, 2019-) e máis actualmente "Do pracer e a morte", coa compañía A Feroz, que se estrea os días 16, 17 e 18 de abril de 2021 na Sala Ártika de Vigo.
Tamén destaca na poesía, tendo participado en recitais e eventos relacionados coa disciplina, chegando incluso a competir na final do SLAM Poetry Compostela no ano 2019.
Diego Salgado é un tipo inquieto ao que lle custa parar a pesar das circunstancias que lle veñan, cousa que se constata co feito de que no medio desta pandemia, ante a obriga de cesar a súa actividade, gravou este primeiro disco en solitario, "Growing strong", no que afonda en moitas das músicas que o influiron dende pequeno ata lograr un traballo adulto e unha carta de presentación forte e clara ante o mundo."
Álbum:
O álbum consta de 9 pistas coproducidas por Carlos Rodríguez xunto co propio Diego Salgado, mesturado e masterizado nos estudos de ONME e con ONMEproductions como selo discográfico. Trátase dun álbum principalmente en inglés, cun xénero principal de Neosoul onde atoparemos algo de hip hop, rap, disco, R&B, Spoken Word e Dancehall. O álbum está dispoñible en plataformas dixitais, e ten unha duración total duns 35 minutos.
"Quería que a orde na que se escoitan as cancións tiveran unha resposta emocional".
"É un disco novo dentro da música galega. Ten influencias das grandes voces norteamericanas".
"Aprendo un montón coas colaboracións, son alimento".
Máis Información DIEGO SALGADO:
✔️Facebook: https://www.facebook.com/diegosalgadomusic/
✔️Instagram: https://www.instagram.com/diego_salgado_sdc/
✔️YouTube: https://www.youtube.com/channel/UCwA8X4mm9jlDo1x_2JMptUg
✔️Spotify: https://open.spotify.com/artist/34DNRUvxeZmCvNyckgGExu?si=3luNz6_MSt6a8CU3-bVxPg
✔️Itunes: https://music.apple.com/do/artist/diego-salgado/1558484692
✔️Amazon Music: https://music.amazon.co.uk/albums/B08YRDVL9Y
Máis Información ONME PRODUCTIONS:
✔️Páxina Web: https://www.onme.es/
✔️Facebook: https://www.facebook.com/ONMEproductions
✔️Twitter: https://twitter.com/OnmeProductions
✔️Instagram: https://www.instagram.com/onmeproductions/
✔️Linkedin: https://www.linkedin.com/company/onmeproductions/?originalSubdomain=es
Máis Información da compañía A FEROZ:
✔️Páxina Web: https://aferoz.gal/a-feroz
✔️Facebook: https://www.facebook.com/aferozteatro/
✔️Instagram: https://www.instagram.com/aferozteatro/
✔️YouTube: https://www.youtube.com/channel/UCakXZQz0Dx5WPlGJNeMvqbA
️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast
Máis Información:
✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
✔️Clubhouse: @pablochichas
✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas