Cada martes falo coa Psicóloga e sexóloga Verónica Barros de Barros psicoloxía. Hoxe falamos de Como facer amigos e expandir o teu círculo na adultez.
"Primeiro paso para facer amigos? Adoptar a mentalidade correcta".
"Precísanse de 40 a 60 horas de tempo xuntos para formar unha amizade sólida".
"Cruda realidad: todos sacamos unha primeira impresión. E soemos buscar o perfil de instagram dos demais".
Como facer amigos e expandir o teu círculo na adultez
Sempre falamos de que ter a persoas coas que falar, xente que nos apoie é fundamental. E penso que en Galicia sabémolo ben. Temos familias grandes, apoios de amizades e veciños,… Ter unha boa rede social permite construir comunidade e manter relacións. Axuda en fitos importantes da vida: coidado de nenos, enfermos ou dependentes, por exemplo. Tamén poden ser útiles para conectar con máis xente, xerando enlaces, que tanto nos poden favorecer persoalmente, e incluso tamén a nivel laboral.
En resumo, unha rede social sólida non so nos conecta co mundo senon que tamén nos da acceso a apoio, oportunidades e recursos que poden mellorar a nosa vida.
Sen embargo, a propia vida pode levar a que nos alonxemos das amizades ou a que nos centremos en aspectos como o traballo ou cuestións máis individuais. Ademais, teóricamente cerca do 50% da poboación é introvertida e moita xente ten moitas máis dificultades a medida que maduramos.
Imos, por tanto, a aportar 5 estratexias para facer amigos:
✔️1. Asume que as personas queren coñecerte e que vales a pena e podes xerar interesez
SPOILER: ninguén te está xuzgando negativamente.
Primeiro paso para facer amigos? Adoptar a mentalidade correcta.
- Entra a cada interacción con actitude de abundancia.
- Asume que se interesarán en ti.
✔️2. Únete a unha actividade constante
Algo que che asegure contacto constante con outros:
- Ximnasio
- Teatro
- Club de lectura
(E claro, non faltes)
Dato: precísanse de 40 a 60 horas de tempo xuntos para formar unha amizade sólida.
✔️3. Interésare nos demais
Mito da amizade: debes ser entretido para facer novos amigos.
Dato: pregunta sempre, para poder establecer conversas. Non sobre a vida íntima dos demais, pero si de datos comúns, ou de cuestións que compartiron anteriormente contigo.
✔️4. Pule os teus perfiles en redes sociales
Cruda realidad: todos sacamos unha primeira impresión. E soemos buscar o perfil de instagram dos demais.
Pule o teu perfil, mostra os teus intereses, sé auténtico(a).
✔️5. Cultiva as túas amizades.
A vida pasa, e o tempo para os amigos redúcese pero:
- Planea unha cea o venres.
- Reserva unha viaxe de fin de semana.
- Fai unha chamada mensual.
Mito da amizade: unha vez que se establece unha amizade, permanece. As amizades desvanecen se non se coidan.
Máis información BARROS PSICOLOGÍA:
✔️Barros Psicologia: https://www.barrospsicologia.com/
✔️Facebook: https://www.facebook.com/veronicabarrospsicologia
✔️Instagram: https://www.instagram.com/barrospsicologia/
️Se che gustan os contidos "SUSCRÍBETE" ao podcast
Máis Información e entrevistas:
✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
✔️Clubhouse: @pablochichas
✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas