Laura López, de "Actual Comunicación Amodiño", empresa que se adica á xestión da comunicación dixital. Hoxe falamos do traballo das CM e a súa importancia na imaxe de marca.
"Os Community Manager bótanlle unha man ás marcas para darse a coñecer".
"O Community Manager é unha peza chave na estratexia dixital dunha empresa, xa que é o encargado de xestionar e dinamizar a comunidade online arredor dunha marca".
"O día a día dun Community Manager pode ser bastante dinámico e variado, xa que depende das tarefas específicas que teña que realizar segundo as necesidades da empresa ou os clientes cos que traballe".
Como cada cuarto luns de xaneiro, hoxe é o día de detacar unha figura fundamental na comunicación nos últimos anos. E é que os Community Manager bótanlle unha man ás marcas para darse a coñecer e, en definitiva, que a xente confíe nelas. Tal é así que informes realizados por entidades como IAB aseguran que os usuarios xoves, os reis das plataformas sociais, confían máis nas marcas que teñen presenza online.
Que é un Community Manager?
Un Community Manager é o profesional encargado de xestionar, construír e administrar a comunidade dunha marca ou empresa en redes sociais. En termos xerais, as súas funcións principais son conectar coa audiencia, crear contido relevante, interactuar, monitorizar a reputación dixital e analizar resultados para mellorar a estratexia de comunicación.
As súas funcións, en detalle:
O Community Manager é unha peza chave na estratexia dixital dunha empresa, xa que é o encargado de xestionar e dinamizar a comunidade online arredor dunha marca. A súa labor vai máis alá de publicar contido, xa que implica a creación de relacións, a xestión da reputación e a análise de resultados.
✅ • Creación e xestión de contido. Unha das tarefas fundamentais é a xeración de contido relevante e atractivo que conecte coa audiencia. Isto inclúe a planificación de calendarios de publicación, a adaptación dos formatos a cada plataforma e a redacción de mensaxes coherentes coa identidade da marca.
✅ • Interacción coa comunidade. Responder comentarios, mensaxes privadas e mencións é esencial para manter unha relación fluída e de confianza cos seguidores e posibles clientes. O Community Manager debe fomentar o diálogo, resolver dúbidas e xestionar posibles críticas e mesmo crises de xeito profesional.
✅ • Monitorización e análise de resultados. O seguimento do rendemento das accións levadas a cabo é clave para optimizar a estratexia. O Community Manager debe analizar métricas como o alcance, a taxa de interacción e o crecemento da comunidade para tomar decisisións informadas. E todo isto faráo a través das estatísticas que dan as propias redes sociais ou mediante plataformas externas que centralizan os esforzos como pode ser Metricool.
✅ • Xestión da reputación online. De igual maneira que se fai un monitoreo das estatísticas para correxir e mellorar as estratexias, vixiar o que se di da marca en redes sociais tamén será fundamental para detectar posibles crises de reputación e actuar rapidamente. Isto inclúe a identificación de tendencias, a atención ás queixas e a creación de estratexias para mellorar a percepción da empresa.
✅ • Coñecemento das tendencias do sector. Un bo Community Manager debe estar ao día das últimas tendencias en redes sociais e do comportamento dos usuarios. Isto permítelle adaptar a súa estratexia e implementar novas ferramentas para mellorar o rendemento.
Como é un día no traballo dun CM?
O día a día dun Community Manager pode ser bastante dinámico e variado, xa que depende das tarefas específicas que teña que realizar segundo as necesidades da empresa ou os clientes cos que traballe (e máis aínda se xestiona moitos perfís de clientes variados). En termos xerais, estas son algunhas das tarefas que realizamos:
✅ • Planificar e crear o contido. De maneira diaria, semanal ou mensual, segundo as necesidades do cliente, planificamos parte do contido que logo publicamos en redes sociais. Isto inclúe desenvolver ideas para as publicacións, deseñar as creatividades, planificar sesións de foto e vídeo, escribir os textos e asegurarse de que o contido sexa relevante para a audiencia da marca en cuestión.
✅ • Xestión de redes sociais. O contido calendarizado, pasa a publicarse en diferentes plataformas sociais como Facebook, Instagram, Twitter, LinkedIn, TikTok ou Youtube, asegurándose de que se publique no momento axeitado para maximizar o alcance e a interacción.
✅ • Xestión de campañas publicitarias. Non só nos encargamos de crear contido orgánico, senón que as nosas estratexias tamén inclúen anuncios de pago a través de Instagram, Facebook ou outras.
✅ • Interacción coa audiencia. O traballo non só se queda coa simple publicación, xa que é necesario xerar conversa. Por iso, respondemos aos comentarios, mensaxes directas e participamos nas conversas cos seguidores. Un CM debe estar sempre atento ás interaccións e responder de maneira axeitada, ás veces mesmo moderando comentarios negativos ou xestionando crises.
✅ • Revisar as métricas. Aínda que non se fai todos os días, de maneira periódica é importante saber como están a evolucionar as métricas de cada rede social para axustar estratexias e mellorar a calidade.
✅ • Estar ao tanto de tendencias e novas. E isto facémolo non só lendo a prensa, senón facendo scroll case infinito en redes sociais para detectar as tendencias do momento.
Que se espera deste profesional?
Para ser un bo Community Manager, hai que ser un bo comunicador, de maneira verbal, escrita e visual; é necesario ser creativo para diferenciarse da maioría e conectar coa audiencia; hai que coñecer o funcionamento das principais redes sociais, saber interpretar as súas estadísticas e estar atentos aos posibles cambios que poida haber nelas; é interesante ter nocións de deseño gráfico, edición de imaxe e vídeo; ser unha persoa con temperamento e calma para ser capaz de xestionar crises; tamén se precisa empatía para escoitar á comunidade; e tamén se procura organización e xestión do tempo, así como adaptabilidade para ser quen de asumir os constantes cambios e tendencias do sector.
Cal é a diferenza con outros perfís dunha axencia de marketing dixital?
O Community Manager céntrase na xestión diaria das redes sociais, interactuando coa audiencia e creando contido. Pola súa banda, o Social Media Manager define estratexias a longo prazo e supervisa a súa implementación. O Content Manager especialízase na creación de contidos para diferentes plataformas dixitais, mentres que o Digital Marketing Manager abrangue estratexias máis amplas como SEO, SEM e email marketing. Cada perfil ten obxectivos diferentes e, en ocasións, as túas tarefas poden confluír nun só perfil cando se trata de axencias ou negocios pequenos, pero sempre traballan en conxunto para fortalecer a presenza dixital dunha marca.
En resumo, o traballo dun Community Manager require creatividade, habilidades de comunicación, capacidade para xestionar múltiples tarefas e, sobre todo, estar conectado coa comunidade e a marca. Aínda que o día a día pode ser agitado e cheo de sorpresas, tamén é un posto cheo de dinamismo e oportunidades para aprender e adaptarse constantemente.
❓Pregunta: imaxinades cales son as tendencias que marcarán o 2025 no dixital?
Máis Información ACTUAL COMUNICACIÓN Amodiño:
✔️Páxina Web: https://actualizadoscomunicacion.com/
✔️Facebook: https://www.facebook.com/actualizadoscomunicacion
✔️Twitter: https://twitter.com/actualizadoscom
✔️Instagram: https://www.instagram.com/actualizados_comunicacion/
️"SUSCRÍBETE" ao podcast.
MÁIS ENTREVISTAS: https://www.ivoox.com/podcast-salta-da-cama_sq_f1323089_1.html
Máis Información e outros contidos:
✔️Facebook: https://www.facebook.com/PabloChichas
✔️Twitter: https://twitter.com/pablochichas
✔️Instagram: https://www.instagram.com/pablochichas/
✔️Clubhouse: @pablochichas
✔️Twich: https://www.twitch.tv/pablochichas