Durante 3 horas e 30 minutos, Roberto Carlos Carballo conduciu a primeira
edición da fin de semana.
O centenario do Celta Atletismo coincidiu co premio da Cultura Galega ao
club vigués pola proxección exterior
Ademais foi noticia o comezo da liga masculina de fútbol sala co partido
Burela 1 Jaén 4.
No último treito chegou a análise da fin de semana, con especial atención
aos encontros Cartagena-Racing de Ferrol e Elche-Deportivo da Coruña.