Sign up to save your podcastsEmail addressPasswordRegisterOrContinue with GoogleAlready have an account? Log in here.
As retransmisións dos partidos do Celta, do Deportivo e do Celta Fortuna, nas competicións da LFP, Racing de Ferrol, Lugo, Ourense CF e Arenteiro na Primeira Federación son a base do programa, xunto a... more
FAQs about Todos os podcast | Galicia en goles:How many episodes does Todos os podcast | Galicia en goles have?The podcast currently has 673 episodes available.
May 24, 2025Galicia en goles Fin de semana 24-05-2025Oito anos despois o Celta volverá competir en Europa. O conxunto de Claudio Giráldez remontou no Coliseum para rematar gañando ao Xetafe e conseguir o billete para a Europa League. O emocionante partido, a festa posterior na localidade madrileña e a que se foi formando na cidade olívica foron o prato principal dun Galicia en Goles que tamén contou a última xornada da liga regular en 1ª RFEF, coa salvación do Lugo e a derrota do Rácing de Ferrol en Albacete....more10h 41minPlay
May 23, 2025Galicia en goles venres 23-05-2025Palencia - Obradoiro con Alfonso Pardo. Previa da xornada dos equipos galegos de fútbol con entrevista a Iago, vicepresidente da peña Morriña Celeste e con Anibal, Teniente Alcalde de Ourense. Previa do Albacete - Racing con Raúl Villares. Previa da xornada dos equipos galegos de baloncesto. Ciclismo con Andrés Vieites dende Friol. Presenta Roberto Carlos Carballo. Marcadores: Raúl Villares e Iago Gayoso. Redes sociáis: Iago Gayoso....more3h 31minPlay
May 18, 2025Galicia en goles Fin de semana 18-05-2025Celta - Raio Vallecano Racing de Ferrol - Cadiz. Obradoiro - Palencia. Festa das peñas do Celta....more10h 16minPlay
May 17, 2025Galicia en goles Fin de semana 17-05-2025Deportivo - Granada. Lugo - Zamora. UCAM Murcia - Fabril (fase de ascenso). Granada - Breogán. Basquet Coruña - Andorra....more7h 41minPlay
May 16, 2025Galicia en goles venres 16-05-2025Obradoiro - Palencia con Pardo e protagonistas dos encontro. Postpartido do Cangas - Granollers con Raúl Villares e entrevista a Nacho Moyano. Previa do Balonmán Porriño - Valur con Chicho Moldes dende Islandia. Previa do Estradense - Noia con entrevista a Jesús Figueroa. Previa do Lugo - Zamora con Emilio González. Previa do Arenteiro - Real Sociedad B con entrevista a Argimiro Marnotes. Previa DO fABRIL - UCAM. Entrevista a Carlos Carballal, vicepresidente de peñas do Dépor e a Manolo, ex xogador do Celta...more3h 31minPlay
May 13, 2025Galicia en Goles especial Real Sociedad-Celta 13-05-2025Real Sociedad-Celta con Roberto Carlos Carballo, Víctor López, Valtierra, Francisco Fernández e Xavi Rodríguez. Presenta Paco Santos....more2h 16minPlay
May 11, 2025Galicia en goles Fin de semana 11-05-2025O longo Galicia en Goles deste domingo contou a permanencia do Deportivo feminino na elite e o descenso do Básquet Coruña da Liga ACB tras caer en Bilbao. Foi na edición matinal, na que caeron o Fortuna e o Arenteiro en 1ª RFEF. A emoción viviuse na 3ª RFEF, coa última xornada da liga regular e co Noia como gran triunfador, ocupando a última praza de playoff de ascenso. Xa pola tarde o Clásico rematou coa vitoria do Barcelona ante o Real Madrid, que decanta o título de Liga a falta de 3 xornadas. No baloncesto o Breogán competiu ata o final pero caeu no Pazo ante o Real Madrid. Mentres, o Fabril empatou a cero na ida das semifinais polo ascenso a 1ª RFEF ante o UCAM Murcia o mesmo resultado que colleitou o Rácing de Ferrol contra o tamén descendido Tenerife...more12h 16minPlay
May 10, 2025Galicia en goles Fin de semana 10-05-2025Cara e cruz para Celta e Deportivo na xornada sabatina. O conxunto olívico derrotou ao Sevilla por 3 a 2 nun partido no que xogou toda a segunda parte con dez futbolistas. Os vigueses continúan ocupando, a tres xornadas para o final, praza europea. Pola contra o Deportivo caeu por dous a un contra o Sporting e perde calquera opción matemática de playoff. O balonmán feminino tamen tivo especial protagonismo no Galicia en Goles coa ida da final da European Cup na que o Porriño empatou ante o Valur islandés e a remonta do Guardés para clasificarse para as semifinais polo título de Liga...more8h 41minPlay
May 09, 2025Galicia en goles venres 09-05-2025O Obradoiro conseguiu na última xogada a vitoria en Burgos o que lle permitiu conseguir o factor pista de cara aos playoff de ascenso á Liga ACB. Pola contra o COB Ourense caeu en Donosti e remata a liga regular sen opcións de ascenso....more3h 32minPlay
May 04, 2025Galicia en goles Fin de semana 04-05-2025O Galicia en Goles deste domingo centrou a súa edición matinal no fútbol da RFEF, coa goleada colleitada polo Lugo ante o Barça B que provocou a destitución do adestrador Toni Seligrat. Tamén contaron a última xornada da 2ª RFEF, en horario unificado. Houbo unha de cal e unha de area para o fútbol galego: a clasificación para os playoff do Fabril e o descenso do Compostela a terceira división. Xa ao mediodía non houbo nin tempo para xantar. O Celta caeu con honra no Santiago Bernabeu por tres goles a dous pero seguen en postos europeos. Xa pola tarde chegou outra das grandes novas do noso deporte: un novo título copeiro para o Burela, o sétimo, tras gañar na final da Copa da Raíña ao Melilla. E o domingo futbolístico rematou da mellor maneira posible coa malleira do Deportivo ante o Albacete por 5 goles a1 que certifica matematicamente a permanencia do conxunto de Óscar Gilsanz....more12h 16minPlay
FAQs about Todos os podcast | Galicia en goles:How many episodes does Todos os podcast | Galicia en goles have?The podcast currently has 673 episodes available.