UCC+i da UVigo

UCC+i da UVigo

By Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de VigoScience
Download on the App Store

UCC+i da UVigo episodes

  • Vídeo-pódcast 'Resto Cero' | Lixo espacial
    O programa 'Resto Cero' xira arredor de diferentes accións de divulgación e participación cidadá, cuxo eixo fundamental é unha serie de vídeo-podcast realizado nas radios escolares de catro centros educativos das contornas dos tres campus. Nestes espazos, o alumnado de primaria e secundaria entrevista o persoal investigador da Universidade de Vigo que traballa en ámbitos como a enxeñaría química ambiental, o dereito, a enxeñaría aeronáutica, a arte ou a economía circular aplicada ao tecido empresarial galego.

    Neste episodio sobre lixo espacial, o alumnado do CEIP Plurilingüe de Vilar de Barrio é quen fai as preguntas. Vera e África conversaron cos investigadores Carlos Ulloa Sande, do GTA Grupo de Tecnoloxías Aeroespaciais, e Eva Fernández Rodríguez, do grupo de investigación Medea Iuris Crea. Un podcast conducido por Gabriel Fuentes e producido pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo co gallo da conmemoración do Día Internacional de Lixo Cero. Coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
    35 min
  • Vídeo-pódcast 'Resto Cero' | Das sobras aos recursos industriais
    O programa 'Resto Cero' xira arredor de diferentes accións de divulgación e participación cidadá, cuxo eixo fundamental é unha serie de vídeo-podcast realizado nas radios escolares de catro centros educativos das contornas dos tres campus. Nestes espazos, o alumnado de Primaria e Secundaria entrevista o persoal investigador da Universidade de Vigo que traballa en ámbitos como a enxeñaría química ambiental, o dereito, a enxeñaría aeronáutica, a arte ou a economía circular aplicada ao tecido empresarial galego.

    Neste episodio sobre como transformar as sobras alimentarias en recursos útiles, o alumnado do CPI Toural de Vilaboa é quen fai as preguntas á investigadora Aida Díez Sarabia, do Centro de Investigación en Tecnoloxías, Enerxía e Procesos Industriais, Cintecx. Un pódcast conducido por Gabriel Fuentes e producido pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo co gallo da conmemoración do Día Internacional de Lixo Cero. Coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
    24 min
  • Vídeo-pódcast 'Resto Cero' | Economía circular
    O programa 'Resto Cero' xira arredor de diferentes accións de divulgación e participación cidadá, cuxo eixo fundamental é unha serie de vídeo-podcast realizado nas radios escolares de catro centros educativos das contornas dos tres campus. Nestes espazos, o alumnado de primaria e secundaria entrevista o persoal investigador da Universidade de Vigo que traballa en ámbitos como a enxeñaría química ambiental, o dereito, a enxeñaría aeronáutica, a arte ou a economía circular aplicada ao tecido empresarial galego.

    Neste episodio sobre economía circular, o alumnado do CEIP Plurilingüe San Roque de Darbo, en Cangas, é quen fai as preguntas. Mara, Carla, Marta, Manuel, Álex e Mike conversaron co investigador Miguel Rodríguez Méndez, do centro de investigación interuniversitario Ecobas. Un podcast conducido por Gabriel Fuentes e producido pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo co gallo da conmemoración do Día Internacional de Lixo Cero. Coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
    35 min
  • Vídeo-pódcast 'Resto Cero' | Solucións sostibles para o sector téxtil
    O programa 'Resto Cero' xira arredor de diferentes accións de divulgación e participación cidadá, cuxo eixo fundamental é unha serie de vídeo-pódcast realizado nas radios escolares de catro centros educativos das contornas dos tres campus. Nestes espazos, o alumnado de primaria e secundaria entrevista o persoal investigador da Universidade de Vigo que traballa en ámbitos como a enxeñaría química ambiental, o dereito, a enxeñaría aeronáutica, a arte ou a economía circular aplicada ao tecido empresarial galego.

    Neste episodio sobre a importancia de desenvolver solucións sostibles para o sector téxtil, o alumnado do CEIP de Laredo é quen fai as preguntas. Itziar, Sara, Adrián, Lena, Gael e Pedro conversaron cos investigadores Óscar Martínez Rico, do grupo FEQxLab, e Alejandro Fuertes, que investiga o uso dos refugallos urbáns como material artístico. Un pódcast conducido por Gabriel Fuentes e producido pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo co gallo da conmemoración do Día Internacional de Lixo Cero.

    Coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
    27 min
  • Audiolibro Quero ser investigadora 6 | Belén Martín Lucas
    As dez protagonistas desta sexta edición do catálogo Quero ser investigadora poñen voz ás súas propias historias neste audiolibro.

    Neste episodio, Belén Martín Lucas —catedrática do Departamento de Filoloxía Inglesa, Francesa e Alemá da Universidade de Vigo, e fundadora do grupo de Referencia Competitiva en Estudos Literarios e Culturais, Tradución e Interpretación (BiFeGa)—, defende a investigación como unha ferramenta para interpretar e transformar o mundo, reivindicando o papel das humanidades, a importancia dos coidados e o compromiso colectivo na loita por unha sociedade máis xusta.

    Esta actividade conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
    5 min
  • Audiolibro Quero ser investigadora 6 | Lucía Díaz Vilariño
    As dez protagonistas desta sexta edición do catálogo Quero ser investigadora poñen voz ás súas propias historias neste audiolibro.

    Neste episodio, Lucía Díaz Vilariño —docente na Escola de Enxeñaría Industrial e investigadora Ramón y Cajal no grupo Xeotecnoloxías Aplicadas do centro de investigación CINTECX da Universidade de Vigo—, fálanos de como a lectura e a observación do mundo a marcaron desde pequena, e como foi construíndo a súa traxectoria a través de distintos lugares e experiencias internacionais que lle permitiron ampliar a súa mirada.

    Esta actividade conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
    5 min
  • Audiolibro Quero ser investigadora 6 | Alma Gómez Rodríguez
    As dez protagonistas desta sexta edición do catálogo Quero ser investigadora poñen voz ás súas propias historias neste audiolibro.

    Neste episodio, Alma Gómez Rodríguez —docente na Escola de Enxeñaría Informática da Universidade de Vigo e investigadora no Laboratorio de Informática Aplicada do Instituto de Física, Computación e Ciencia Aeroespacial—, fálanos da importancia da investigación como ferramenta de progreso social, e tamén destaca o valor da divulgación para achegar a ciencia á cidadanía e inspirar novas vocacións, especialmente entre as nenas. 

    Esta actividade conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
    8 min
  • Audiolibro Quero ser investigadora 6 | Laura Carballo Piñeiro
    As dez protagonistas desta sexta edición do catálogo Quero ser investigadora poñen voz ás súas propias historias neste audiolibro.

    Neste episodio, Laura Carballo Piñeiro —catedrática de Dereito Internacional Privado e decana da Facultade de Relacións Internacionais da Universidade de Vigo—, percorre a súa historia desde a infancia labrega e mariñeira en Ardán ata converterse nun referente internacional no dereito marítimo. Un relato emocionante sobre memoria, esforzo, igualdade e a forza transformadora da educación pública e da investigación.

    Esta actividade conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
    6 min
  • Audiolibro Quero ser investigadora 6 | Raquel Fernández González
    As dez protagonistas desta sexta edición do catálogo Quero ser investigadora poñen voz ás súas propias historias neste audiolibro.

    Neste episodio, Raquel Fernández González —doutora en Economía, docente na Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e investigadora no grupo ERENEA e no centro de investigación ECOBAS—, explica como unha inxustiza na súa veciñanza a marcou desde pequena e a levou a atopar na Economía unha ferramenta para entender e transformar a realidade.

    Esta actividade conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
    5 min
  • Audiolibro Quero ser investigadora 6 | Maite deCastro Rodríguez
    As dez protagonistas desta sexta edición do catálogo Quero ser investigadora poñen voz ás súas propias historias neste audiolibro.

    Neste episodio, Maite deCastro Rodríguez —catedrática en Física da Terra, docente na Facultade de Ciencias do campus de Ourense e IP do grupo de investigación Ephyslab do Centro de Investigación Mariña (CIM) da UVigo—, fálanos de como descubriu na formación unha vía para mellorar as súas oportunidades e acabou atopando na investigación a súa verdadeira vocación.

    Esta actividade conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
    5 min

About UCC+i da UVigo

From the publisher's feed

A UCC+i da Universidade de Vigo, dentro do seu Plan anual de actividades “Ciencia de ida e volta”, pon en marcha este podcast para pór en valor o labor investigador da universidade, e establecer unha…