UCC+i da UVigo

UCC+i da UVigo

By Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de VigoScience
Download on the App Store

UCC+i da UVigo episodes

  • Audiolibro Quero ser investigadora 6 | Covadonga Barreiro Rodríguez-Moldes
    As dez protagonistas desta sexta edición do catálogo Quero ser investigadora poñen voz ás súas propias historias neste audiolibro.

    Neste episodio, Covadonga Barreiro Rodríguez-Moldes —docente no departamento de Escultura da Facultade de Belas Artes do campus de Pontevedra da Universidade de Vigo e investigadora principal do grupo PRACE—, relata unha traxectoria marcada pola precariedade, a maternidade e as dúbidas, e reivindica a creación como un acto de resistencia e a arte como un espazo de liberdade e transformación social.

    Esta actividade conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
    6 min
  • Audiolibro Quero ser investigadora 6 | María Mayán Santos
    As dez protagonistas desta sexta edición do catálogo Quero ser investigadora poñen voz ás súas propias historias neste audiolibro.

    Neste episodio, María Mayán Santos —doutora en bioloxía e investigadora principal do grupo de investigación CellCOM do Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina (CINBIO) da Universidade de Vigo—, deixa unha mensaxe para as nenas e mozas de hoxe: que poden ocupar “calquera espazo que se propoñan”.

    Esta actividade conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
    6 min
  • Audiolibro Quero ser investigadora 6 | Begoña González de Prado
    As dez protagonistas desta sexta edición do catálogo Quero ser investigadora poñen voz ás súas propias historias neste audiolibro.

    Neste episodio, Begoña González de Prado —catedrática de Enxeñaría Química na Universidade de Vigo e líder do grupo de investigación FEQxlab—, fálanos de como emprega a enxeñaría química para desenvolver solucións sostibles, transformando residuos en recursos e reducindo o impacto ambiental de sectores como o téxtil.

    Esta actividade conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
    4 min
  • Audiolibro Quero ser investigadora 6 | María Méndez Santos
    As dez protagonistas desta sexta edición do catálogo Quero ser investigadora poñen voz ás súas propias historias neste audiolibro.

    Neste episodio, María Méndez Santos —doutora en Lingua Española e investigadora do Grupo Gramática, Discurso e Sociedades (GRADES) e secretaria do Instituto de investigación Lingua (iLingua)— comparte unha viaxe vital marcada pola paixón polas linguas, a literatura e a investigación social, desde o Vigo da movida ata universidades de medio mundo. Un relato sobre precariedade, aprendizaxe e o poder da lingüística para comprender e transformar a sociedade.

    Esta actividade conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
    8 min
  • Audiolibro Quero ser investigadora 6 | Mónica Valderrama Santomé
    Seguindo a liña da edición anterior, o catálogo Quero ser investigadora 6ª incorpora un audiolibro no que as propias protagonistas dan voz ás súas historias, ampliando as posibilidades de acceso e conexión co público.


    Neste episodio 0, Mónica Valderrama —vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais—, destaca a importancia de dar visibilidade a investigadoras do presente que contribúan a construír un imaxinario científico colectivo máis xusto e representativo.

    Esta actividade conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

    3 min
  • Audiolibro Quero ser investigadora 5 | Laura Salonen
    Por primeira vez, o catálogo Quero ser investigadora inclúe unha versión en formato audiolibro, no que as dez protagonistas desta quinta edición poñen voz ás súas propias historias.

    Neste episodio, Laura Salonen —investigadora Ramón y Cajal do grupo de Nanomateriais Híbridos do Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina (CINBIO) da Universidade de Vigo—, fálanos do seu camiño para chegar ata a investigación. Entre outras cousas, a investigadora finlandesa confesa que, para concentrarse, ten un ritual moi persoal: escoitar a banda sonora de O Señor dos Aneis. 

    Esta actividade conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
    5 min
  • Audiolibro Quero ser investigadora 5 | Julia Carballo Rodríguez
    Por primeira vez, o catálogo Quero ser investigadora inclúe unha versión en formato audiolibro, no que as dez protagonistas desta quinta edición poñen voz ás súas propias historias.

    Neste episodio, Julia Carballo Rodríguez —doutora en Farmacia e profesora de Microbioloxía—, fálanos do seu camiño para chegar ata a investigación. Na súa historia, a docente do campus ourensán destaca a aprendizaxe derivada da pandemia: “A saúde humana non pode desligarse do medio ambiente nin dos animais. Todo está conectado”.

    Esta actividade conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
    4 min
  • Audiolibro Quero ser investigadora 5 | Estefanía Paredes Rosendo
    Por primeira vez, o catálogo Quero ser investigadora inclúe unha versión en formato audiolibro, no que as dez protagonistas desta quinta edición poñen voz ás súas propias historias.

    Neste episodio, Estefanía Paredes Rosendo —investigadora do grupo ECOCOST do Centro de Investigación Mariña (CIM) da Universidade de Vigo—, fálanos do seu camiño para chegar ata a investigación. Un relato no que campo nos sumerximos na criobioloxía mariña, unha área na que Estefanía estuda técnicas de conservación de especies como o mexillón, a ameixa ou os ourizos de mar. 

    Esta actividade conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
    4 min
  • Audiolibro Quero ser investigadora 5 | Emma Torres Romay
    Por primeira vez, o catálogo Quero ser investigadora inclúe unha versión en formato audiolibro, no que as dez protagonistas desta quinta edición poñen voz ás súas propias historias.

    Neste episodio, Emma Torres Romay —profesora titulada da Universidade de Vigo e decana da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación—, fálanos do seu camiño para chegar ata a investigación. No seu relato, lembra como nos seus cadernos escolares xa deseñaba logotipos e marcas para unha futura empresa de moda: “inconscientemente sempre me chamou moito a atención a publicidade”.

    Esta actividade conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
    4 min
  • Audiolibro Quero ser investigadora 5 | Susana Álvarez González
    Por primeira vez, o catálogo Quero ser investigadora inclúe unha versión en formato audiolibro, no que as dez protagonistas desta quinta edición poñen voz ás súas propias historias.

    Neste episodio, Susana Álvarez González —profesora titular de Teoría e Filosofía do Dereito na Facultade de Dereito do campus de Ourense, onde actualmente tamén desempeña o cargo de decana—, fálanos do seu camiño para chegar ata a investigación. Entre as súas lembranzas, comparte que lembra que desde pequena se sentiu atraída polo funcionamento das normas e a defensa dos dereitos das persoas. 

    Esta actividade conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
    5 min

About UCC+i da UVigo

From the publisher's feed

A UCC+i da Universidade de Vigo, dentro do seu Plan anual de actividades “Ciencia de ida e volta”, pon en marcha este podcast para pór en valor o labor investigador da universidade, e establecer unha…