UCC+i da UVigo

UCC+i da UVigo

By Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de VigoScience
Download on the App Store

UCC+i da UVigo episodes

  • Audiolibro Quero ser investigadora 5 | Olga Alonso Villar
    Por primeira vez, o catálogo Quero ser investigadora inclúe unha versión en formato audiolibro, no que as dez protagonistas desta quinta edición poñen voz ás súas propias historias.

    Neste episodio, Olga Alonso Villar—catedrática no Departamento de Economía Aplicada da Universidade de Vigo, do que é subdirectora, e integrante do centro de investigación interuniversitario ECOBAS—, fálanos do seu camiño para chegar ata a investigación. Entre outras moitas cousas, confesa que a súa vocación naceu do interese pola xustiza social e que, aínda que de nena dubidaba entre ser mestra ou detective, foi un profesor quen lle abriu o camiño cara ás matemáticas e, desde aí, á economía.

    Esta actividade conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
    5 min
  • Audiolibro Quero ser investigadora 5 | Susana Rodríguez Barcia
    Por primeira vez, o catálogo Quero ser investigadora inclúe unha versión en formato audiolibro, no que as dez protagonistas desta quinta edición poñen voz ás súas propias historias.

    Neste episodio, Susana Rodríguez Barcia —profesora titular no Departamento de Lingua Española da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo e investigadora no grupo GRADES—, fálanos do seu camiño para chegar ata a investigación. No seu relato, a investigadora reivindica a linguaxe como ferramenta de transformación: “É o que nos define, o que nos permite entendernos e transformarnos”.

    Esta actividade conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
    5 min
  • Audiolibro Quero ser investigadora 5 | Mercedes Solla Carracelas
    Por primeira vez, o catálogo Quero ser investigadora inclúe unha versión en formato audiolibro, no que as dez protagonistas desta quinta edición poñen voz ás súas propias historias.

    Neste episodio, Mercedes Solla Carracelas —investigadora Ramón y Cajal no Departamento de Enxeñaría dos Recursos Naturais e Medio Ambiente da Universidade de Vigo, doutora Enxeñeira de Montes e membro do grupo de investigación de Xeotecnoloxías Aplicadas (Geotech) do centro de investigación CINTECX—, fálanos do seu camiño para chegar ata a investigación. Un relato no que contaxia a súa fascinación por “ver máis alá do que é visible”, interpretando sinais ocultas na terra a través do xeorradar.

    Esta actividade conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
    5 min
  • Audiolibro Quero ser investigadora 5 | Ana Ulla Miguel
    Por primeira vez, o catálogo Quero ser investigadora inclúe unha versión en formato audiolibro, no que as dez protagonistas desta quinta edición poñen voz ás súas propias historias.

    Neste episodio, Ana Ulla Miguel —doutora en Ciencias Físicas coa especialidade de Astrofísica e catedrática da Universidade de Vigo—, fálanos do seu camiño para chegar ata a investigación. “Merquei o meu primeiro libro de astronomía e comecei a aprender pola miña conta, sen telescopio, a ollo e cunha lanterna vermella para non alterar a capacidade de observación nocturna”. Para Ulla, entender que a Terra é só “un pequeno planeta flotando nun vasto universo” axuda a poñer en perspectiva moitas das nosas preocupacións cotiás.

    Esta actividade conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades
    5 min
  • Audiolibro Quero ser investigadora 5 | Silvia García González
    Por primeira vez, o catálogo Quero ser investigadora inclúe unha versión en formato audiolibro, no que as dez protagonistas desta quinta edición poñen voz ás súas propias historias.

    Neste episodio, Silvia García González —doutora en Belas artes e profesora nas facultades de Deseño e de Belas Artes da Universidade de Vigo—, fálanos do seu camiño para chegar ata a investigación. Unha conversa na que a investigadora destaca a importancia da conexión emocional co saber. No seu caso, a historia familiar serve de marco para dar sentido ás súas propias motivacións: “o meu avó materno era carpinteiro de ribeira en Massó e gustaríame aprender carpintaría porque me conecta coa súa memoria”.

    Esta actividade conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
    5 min
  • Audiolibro Quero ser investigadora 5 | Mónica Valderrama Santomé
    Por primeira vez, o catálogo Quero ser investigadora inclúe unha versión en formato audiolibro, no que as dez protagonistas desta quinta edición poñen voz ás súas propias historias.

    Neste episodio 0, Mónica Valderrama —vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais—, fálanos dos motivos da incorporación deste novo formato ao proxecto, así como do compromiso da Universidade de Vigo cunha divulgación científica accesible, inclusiva e próxima. 

    Esta actividade conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
    2 min
  • Historias compartidas VI | Neylis
    Historias Compartidas. A través de cinco historias de vida, descubrimos como a creatividade —e en concreto a metodoloxía Design Thinking— pode ser unha ferramenta poderosa para afrontar o cambio, tomar decisións e construír novos camiños.

    No Episodio 6, Neylis Salinas valora moi positivamente toda a axuda recibida para a súa integración e a da súa familia. Ela tamén fai balance desta etapa e da unha visión positiva para a procura dos soños. 

    🔬 Un proxecto impulsado pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo en colaboración coa Cruz Vermella, con motivo do Día Mundial da Creatividade e da Innovación, co apoio da FECYT - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
    4 min
  • Historias compartidas V | John
    Historias Compartidas. A través de cinco historias de vida, descubrimos como a creatividade —e en concreto a metodoloxía Design Thinking— pode ser unha ferramenta poderosa para afrontar o cambio, tomar decisións e construír novos camiños.

    No Episodio 5, o colombiano John Pineda fálanos da súa motivación para vir a Galicia e das dificultades da adaptación. O que máis valora é a cultura e todo o que aprendeu nesta nova etapa vital.

    🔬 Un proxecto impulsado pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo en colaboración coa Cruz Vermella, con motivo do Día Mundial da Creatividade e da Innovación, co apoio da FECYT - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
    5 min
  • Historias compartidas IV | Eva
    Historias Compartidas. A través de cinco historias de vida, descubrimos como a creatividade —e en concreto a metodoloxía Design Thinking— pode ser unha ferramenta poderosa para afrontar o cambio, tomar decisións e construír novos camiños.

    No Episodio 4, Eva Medina bota en falta o seu país de orixe, Arxentina, e como fai para enfocar a súa vida nesta época de cambios.

    🔬 Un proxecto impulsado pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo en colaboración coa Cruz Vermella, con motivo do Día Mundial da Creatividade e da Innovación, co apoio da FECYT - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
    6 min
  • Historias compartidas III | Milagros
    Historias Compartidas. A través de cinco historias de vida, descubrimos como a creatividade —e en concreto a metodoloxía Design Thinking— pode ser unha ferramenta poderosa para afrontar o cambio, tomar decisións e construír novos camiños.

    No Episodio 3, Milagros Pirela fálanos da esperanza dunha vida mellor en Ourense, que a motivou a emigrar. Ela fálanos da importancia de participar en actividades para facilitar a socialización e integración.

    🔬 Un proxecto impulsado pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo en colaboración coa Cruz Vermella, con motivo do Día Mundial da Creatividade e da Innovación, co apoio da FECYT - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
    6 min

About UCC+i da UVigo

From the publisher's feed

A UCC+i da Universidade de Vigo, dentro do seu Plan anual de actividades “Ciencia de ida e volta”, pon en marcha este podcast para pór en valor o labor investigador da universidade, e establecer unha…