UCC+i da UVigo

UCC+i da UVigo

By Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de VigoScience
Download on the App Store

UCC+i da UVigo episodes

  • Historias compartidas II | Genry
    Historias Compartidas. A través de cinco historias de vida, descubrimos como a creatividade —e en concreto a metodoloxía Design Thinking— pode ser unha ferramenta poderosa para afrontar o cambio, tomar decisións e construír novos camiños.

    No Episodio 2, Genry Montero fálanos da súa chegada dende Venezuela, da súa motivación e das dificultades coas que se atopou, como a homologación profesional.

    🔬 Un proxecto impulsado pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo en colaboración coa Cruz Vermella, con motivo do Día Mundial da Creatividade e da Innovación, co apoio da FECYT - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
    8 min
  • Historias compartidas I | Jorge
    Historias Compartidas. A través de cinco historias de vida, descubrimos como a creatividade —e en concreto a metodoloxía Design Thinking— pode ser unha ferramenta poderosa para afrontar o cambio, tomar decisións e construír novos camiños.

    No Episodio 1, Jorge Colina achéganos á súa historia recente de integración en Ourense e como fixo fronte a algúns dos atrancos que atopou.

    🔬 Un proxecto impulsado pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo en colaboración coa Cruz Vermella, con motivo do Día Mundial da Creatividade e da Innovación, co apoio da FECYT - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
    4 min
  • Historias compartidas 0 | Natividad
    Historias Compartidas. A través de cinco historias de vida, descubrimos como a creatividade —e en concreto a metodoloxía Design Thinking— pode ser unha ferramenta poderosa para afrontar o cambio, tomar decisións e construír novos camiños.
    No Episodio 0, conversamos con Natividad Álvarez Matías, responsable de inclusión social de Cruz Vermella en Ourense, quen nos ofrece unha visión do traballo da entidade co colectivo migrante e da importancia de iniciativas coma esta.
    Nos seguintes episodios, coñeceremos de primeira man os testemuñas das persoas participantes: os seus puntos de partida, os retos ao chegar a Galicia, os descubrimentos positivos no camiño e como a creatividade se converteu nun motor de transformación persoal.

    🔬 Un proxecto impulsado pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo en colaboración coa Cruz Vermella, con motivo do Día Mundial da Creatividade e da Innovación, co apoio da FECYT - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
    7 min
  • Saúde IV. Dálle ritmo! - Parte II
    Segunda parte do podcast gravado no IES Mendiño, para afondar na relación da saúde cardiovascular co deporte e coa alimentación cos expertos da Universidade de Vigo: 
    Federico Mallo Ferrer. Catedrático de Fisioloxía e Endocrinoloxía da Universidade de Vigo.
    Javier Prieto Troncoso. Investigador da Universidade de Vigo en Endocrinoloxía e Fisioloxía do Exercicio.
     Hugo Ogando Berea. Investigador da Universidade de Vigo en Endocrinoloxía e Fisioloxía do Exercicio.
    Aprender a darlle ritmo ao corazón, a modernización das teorías ao redor do exercicio ou os hábitos desexables para cada idade, forman parte desta agradable xornada!

    Esta actividade conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

    Agradecementos ao departamento de Bioloxía e, en xeral, á toda a comunidade educativa do IES Mendiño.
    45 min
  • Saúde IV. Dálle ritmo! - Parte I
    Unha conversa para afondar na relación da saúde cardiovascular co deporte e coa alimentación cos expertos da Universidade de Vigo: 
    Federico Mallo Ferrer. Catedrático de Fisioloxía e Endocrinoloxía da Universidade de Vigo.
    Javier Prieto Troncoso. Investigador da Universidade de Vigo en Endocrinoloxía e Fisioloxía do Exercicio.
     Hugo Ogando Berea. Investigador da Universidade de Vigo en Endocrinoloxía e Fisioloxía do Exercicio.
    Aprender a darlle ritmo ao corazón, a modernización das teorías ao redor do exercicio ou os hábitos desexables para cada idade, forman parte desta agradable xornada!

    Esta actividade conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

    Agradecementos ao departamento de Bioloxía e, en xeral, á toda a comunidade educativa do IES Mendiño.
    30 min
  • Auga V. Turismo Termal
    Conversa coa investigadora Elisa Alén González, docente na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo, sobre a importancia da auga, do seu atractivo turístico e da evolución do turismo termal.
    A historia do termalismo, o cambio de paradigmas do turismo, a especialización da oferta turística relacionada coa auga ou a articulación de oferta combinada con outros productos ou servizos son algúns dos temas abordados neste capítulo.

    Un podcast conducido polo xornalista Gabri Fuentes Míguez, co gallo do Día Mundial da Auga, promovida pola Unidade de Cultura Científica da Universidade de Vigo, dentro do seu Plan Anual de Actividades “Ciencia de Ida e Volta” que conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

    22 min
  • Saúde III. Xenética e corazón
    Neste terceiro capítulo da serie de podcast polo Día Mundial da Saúde, acompáñanos Diana Valverde, que é a investigadora principal no laboratorio de enfermidades raras no CINBIO, da Universidade de Vigo e, entre as investigacións que dirixe moitas delas están relacionadas coas cardiopatías.

    Esta entrevista aprenderemos as vantaxes dos "modelos celulares" para o estudo de enfermidades, tamén que as mitocondrias teñen un punto de vista, da importancia que ten o estudo de casos singulares para a mellora de procesos de enfermidades máis comúns e sobre todo que do difícil que resulta aprender a perseguir soños.

    Conducido polo xornalista Gabriel Fuentes Míguez, un podcast da UCC+i da Universidade de Vigo que conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
    23 min
  • Auga IV. Predicir as crecidas
    Este terceiro capítulo polo Día Mundial da Auga,o investigador Diego Fernández é entrevistado por Gabriel Fuentes e polos alumnos do CEIP de Laredo: Adrián Vilas Danis, Brais Feijoo Acuña e Blanca Álvarez Riveiro.

    Diego é físico e doutor en Ciencias Mariñas. Traballa como investigador no grupo EPhysLab da Universidade de Vigo, e a súa investigación céntrase na análise de eventos hidrolóxicos extremos, analizando o impacto do cambio climático, e no deseño de sistemas de alerta ante inundacións na conca do río Miño.

    Coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

    Agradecementos á dirección, profesorado e á coordinadora da radio, María Pérez, do CEIP de Laredo en Chapela.
    23 min
  • Saúde II. Sinais do corazón
    Para continuar coa serie de podcast para conmemorar o Día Mundial da Saúde, para pór de relevo a importancia de coidar os nosos corazóns e a promoción de hábitos saudáveis, neste episodio contamos con: Juan José Crespo Sabarís, médico especialista en Medicina Familiar e Comunitaria no Centro de Saúde de Bembrive e Artemio Mojón Ojea, profesor titular de universidade no Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións da UVigo. 

    Ambos son membros do Grupo de Investigación en Bioenxeñaría e Cronobioloxía do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur, da Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Universidade de Vigo.

    Os nosos invitados conversan co xornalista Gabri Fuentes para falarnos de ritmos circadianos, cronobioloxía ou variables vitais. Nela aprendemos a importancia de medir as variables significativas e a súa relación cos ritmos vitais, así como a implicación deste tipo de estudos nas pautas de control e mellora da saúde cardiovascular.

    Un podcast da UCC+i da Universidade de Vigo que conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
    26 min
  • Auga III. Xeofísica da auga
    Neste novo episodio sobre o Día Mundial da Auga, contamos coa presenza de Pedro Antonio Araújo Nespereira, decano da Facultade de Ciencias de Ourense, que conta cunha ampla experiencia investigadora en xeodinámica e augas termais.

    Neste capítulo descubriremos algunhas das propiedades físicas da auga, os beneficios para a sáude  e mesmo achegarémosnos ao desenvolvemento do termalismo na provincia de Ourense. 

    A serie de podcast sobre o Día Mundial da Auga, promovida pola Unidade de Cultura Científica da Universidade de Vigo, dentro do seu Plan Anual de Actividades “Ciencia de Ida e Volta” que conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.
    26 min

About UCC+i da UVigo

From the publisher's feed

A UCC+i da Universidade de Vigo, dentro do seu Plan anual de actividades “Ciencia de ida e volta”, pon en marcha este podcast para pór en valor o labor investigador da universidade, e establecer unha…