UCC+i da UVigo

UCC+i da UVigo

By Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de VigoScience
Download on the App Store

UCC+i da UVigo episodes

  • Saúde I. Os datos e a saúde cardiovascular
    Dende a Unidade de Cultura Científica e da Innovación da Universidade de Vigo, presentamos unha nova serie de podcast para celebrar o Día Mundial da Saúde. Nela abordaranse temas sobre saúde cardiovascular con expertos de distintas áreas relacionadas coa diagnose, seguimento de patoloxías cardiovasculares, así como a prevención e a promoción de hábitos saudables entre a poboación galega onde a prevalencia e mortalidade deste tipo de enfermidades é moi alta.

    Neste primeiro capítulo, Xosé Antón Vila Sobrino, experto en análise de datos é entrevistado por Gabriel Fuentes e nel descubriremos a importancia da análise das variables do corpo, do uso da tecnoloxía e intelixencia artificial e o seu uso e aplicación no ámbito sanitario.

    Un podcast da UCC+i da Universidade de Vigo que conta coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

    Agradecementos ao persoal da Biblioteca Universitaria Rosalía de Castro de Ourense.
    19 min
  • Auga II: Remediar a contaminación da auga
    Neste novo episodio da serie conmemorativa do Día Mundial da Auga, a investigadora da Universidade de Vigo, Verónica Poza Nogueiras é entrevistada no CEIP de Laredo, por Ángel, Telmo e Martina sobre a descontaminación das augas. Un podcast conducido por Gabriel Fuentes e producido pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación.
    Verónica é Doutora en Enxeñaría Química pola Universidade de Vigo e pertence ao grupo de investigación BIOSUV (Bioenxeñaría e Procesos Sostibles). O seu traballo céntrase fundamentalmente na descontaminación de augas mediante a aplicación de tecnoloxías limpas e novidosas. Con estas novas técnicas búscase conseguir unha eliminación dos contaminantes das augas máis eficaz que as eliminacións que se acadan hoxe en día coas tecnoloxías de tratamento tradicionais.

    Coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

    Agradecementos á dirección, profesorado e á coordinadora da radio, María Pérez, do CEIP de Laredo en Chapela.
    19 min
  • Auga I. De quen é a auga?
    Co gallo do Día Mundial da Auga presentamos unha serie de podcasts protagonizados por expertos en diversas áreas, desde o dereito ata a ecoloxía, pasando polo turismo, a física, o termalismo e a ciencia dos chans. A través destas conversas, exploraremos a importancia vital da auga doce e a súa preservación para o futuro do noso planeta.


    Os investigadores da Universidade de Vigo, Roberto Bustillo e Sofía Salgado son entrevistados no CEIP de Laredo, por Martina e Breixo sobre a auga e o dereito, na conmemoración do Día Mundial da Auga. Un podcast conducido por Gabriel Fuentes e producido pola Unidade de Cultura Científica e da Innovación.

    Coa colaboración da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT) - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

    Agradecementos á dirección, profesorado e á coordinadora da radio, María Pérez, do CEIP de Laredo en Chapela.
    21 min

About UCC+i da UVigo

From the publisher's feed

A UCC+i da Universidade de Vigo, dentro do seu Plan anual de actividades “Ciencia de ida e volta”, pon en marcha este podcast para pór en valor o labor investigador da universidade, e establecer unha…